Onte coñecíamos unha moi boa nova: As
exportacións galegas medraron nun 10% o pasado outubro en comparación co mesmo
mes do ano anterior, sendo a terceira Comunidade autónoma que alcanza a mellor
cifra do Estado.
Segundo
os datos que hoxe fixo públicos o Ministerio de Economía e Competitividade,
entre xaneiro e outubro de 2015 as exportacións galegas subiron un 4,9% con
respecto ao mesmo período do ano anterior ata superar os 15.775 millóns de
euros.
Galicia non só supera as exportacións de 2014, senón as do mesmo
período de 2013 nun 3,3 por cento, mantendo as cifras de récord histórico.
Os datos, ademais, amosan o tirón exportador da industria
galega, e así, entre xaneiro e outubro as vendas ao exterior no sector téxtil
aumentaron nun 13,2% máis que en 2014; na automoción nun 4,4%; e na metalurxia
nun 3,9%.
No tocante á balanza comercial, Galicia conta entre xaneiro e
outubro deste ano cun saldo positivo que aumenta nun 19,6%, fronte á media do
conxunto de España, que representa un déficit de máis de -20.530 millóns. Se
temos en conta o saldo da balanza comercial de Galicia en outubro en
comparación co mesmo mes de 2014 o incremento é do 52,4 por cento.
Lembrar que neste eido, o Goberno galego puxo este ano en marcha a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, á que destina 50 millóns de euros para os anos 2015 e 2016 e coa que se busca incrementar as exportacións en máis dun 25% ata 2020, e facer de Galicia un foco de atracción de investimentos especializado en sectores e países concretos.
Lembrar que neste eido, o Goberno galego puxo este ano en marcha a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, á que destina 50 millóns de euros para os anos 2015 e 2016 e coa que se busca incrementar as exportacións en máis dun 25% ata 2020, e facer de Galicia un foco de atracción de investimentos especializado en sectores e países concretos.
Sinalar que a nivel estatal, as exportacións españolas de mercadorías creceron un 3,8% nos dez primeiros meses de 2015 (1,7 puntos superior á do mesmo período do ano 2014, 2,1%), ata os 208.430,4 millóns de euros, máximo histórico na serie.
En termos de volume, o aumento foi do 3,1% ao crecer os prezos, aproximados polos Índices de Valor Unitario (IVUs), un 0,7%.
As importacións, pola súa banda, creceron un 3,2%, ata os 228.960,7 millóns de euros. En termos de volume, o aumento foi maior, dun 5,5%, xa que os prezos diminuíron un 2,2%.
Como resultado, de xaneiro a outubro, o déficit comercial alcanzou os 20.530,3 millóns de euros, un 2,7% inferior ao rexistrado no mesmo período de 2014. A taxa de cobertura situouse no 91,0%, rexistro 0,5 puntos superior ao de xaneiro-outubro de 2014 (90,5%). O saldo non enerxético arroxou un superávit de 2.163,3 millóns de euros (11.960,7 millóns de euros en xaneiro-outubro de 2014), mentres que o saldo enerxético rexistrou unha mellora do 31,3% (redución do déficit enerxético), como resultado da substancial caída dos prezos da enerxía.
Os resultados acumulados para España están en liña cos obtidos polos nosos principais socios da zona euro. Así, as exportacións da zona euro aumentaron un 4,2% interanual, e as da UE-28 algo máis, o 4,8%. Por países, a nosa taxa é similar á de Francia (3,9%) e Italia (3,5%), superior á de Reino Unido (-1,6%) e Estados Unidos (-6,5%) e inferior á de Alemaña (6,7%) e Xapón (5,5%).
Recibirá resposta