Viaxo pola mañá a Santiago de Compostela, para asistir ao Comité de
Dirección do PP de G no que abordamos preferentemente cuestións relacionadas
coa próxima campaña electoral.
Ao remate, o secretario xeral, Alfonso Rueda, e o
director da campaña, José Manuel Rey, presentaron as liñas de actuacións do
partido de cara as vindeiras eleccións xerais. Ambos avanzaron unha campaña
diferente con menos mitins pero con máis actos de proximidade, nos que buscarán
menos discursos dende un escenario e máis conversas a pé de rúa.
Rueda
informou que o presidente do PPdeG participará nunha vintena de mitins, ademais
dun bo número de actos sectoriais nos que axudar a explicar qué fixemos co
apoio dos cidadáns nestes catro anos e que queremos facer os próximos catro si
conseguimos o respaldo dos galegos.
A
axenda de actos de Alberto Núñez Feijóo, que arrancará na cidade da Coruña coa
tradicional pegada de carteis na madrugada do xoves ao venres, prevé que o
máximo responsable do partido en Galicia acompañe, ademais de aos candidatos
das catro provincias galegas, á vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de
Santamaría, e aos presidente das comunidades de Madrid e Castela e León,
Cristina Cifuentes e Juan Vicente Herrera, que farán campaña en Galicia en
datas aínda por concretar.
Por
suposto, tamén estará xunto ao candidato do PP á Presidencia do Goberno,
Mariano Rajoy, que como único aspirante galego visitará Galicia para pedir o
apoio dos seus veciños.
Feijóo,
por petición do partido a nivel nacional, fará campaña fora de Galicia o día 7
de decembro, un día despois de que as súas obrigas como presidente da Xunta o
despracen ata Madrid para conmemorar o aniversario da aprobación da
Constitución española.
Pero
máis alá da campaña do presidente do PPdeG e dos dirixentes nacionais que
visitarán Galicia nestes 15 días, Rueda e Rey Varela explicaron que o partido
contará coa implicación máxima de todos os seus activos: dende concelleiros,
voceiros, alcaldes e presidentes provinciais, ata conselleiros e cargos
autonómicos de partido e Grupo Parlamentario.
O
secretario xeral do PPdeG dixo que o obxectivo segue a ser que ninguén que
queira falar con nós quede sen facelo, e lembrou que, ademais das canles
tradicionais de contacto co partido –como son as redes sociais ou a nova conta
de whatsapp- intensificaremos a nosa presenza física na rúa para buscar esa
interacción e esa bidireccionalidade na comunicación cos galegos.