Onte tivo lugar
en Valencia o acto de presentación das liñas mestras do programa electoral do
PP para as eleccións do 20 de decembro.
O presidente,
Mariano Rajoy, comprometeuse a baixar o tipo marxinal mínimo da renda do 24% ao
17%, e o máximo do 45% ao 43%, na próxima lexislatura se gaña as eleccións
xerais do próximo 20 de decembro.
Así mesmo,
anunciou que aumentará a contía dos cheques a familias numerosas e o das
persoas que teñen ao seu cargo persoas con discapacidade, e creará unha nova
axuda para persoas que traballen con discapacidade e para que sexan deducibles
na renda os gastos de familias na adopcións internacionais.
Rajoy desagregou
os obxectivos principais do partido, agrupados en sete apartados, que se
centrarán en crear emprego, coidar das persoas, manter e mellorar as pensións,
a sanidade pública, a educación e os servizos sociais para as persoas e as
familias.
Respecto disto
subliñou que "xa podemos facelo". O terceiro dos apartados busca o
crecemento da economía e o emprego e que haxa máis ingresos para as persoas.
Así mesmo, comprometeuse coa defensa da unidade de España, a soberanía
nacional, a igualdade dos españois e o cumprimento da lei.
Como quinto
obxectivo, Rajoy manifestou a súa vontade de culminar a mellora da educación
para "conseguir unha auténtica igualdade de oportunidades"; seguir
modernizando a administración pública porque, aínda que indicou que "se
fixo moito nestes anos", recalcou que "hai que seguir
avanzando".
"Somos
ambiciosos e queremos unha administración coas tecnoloxías implantadas, áxil,
rápida e ao servizo dos cidadáns", sostivo.
Outra das
grandes prioridades que se marcou foi o
compromiso de rexeneración da vida pública. "Fixemos moitas reformas e
obrigamos aos que roubaron a devolver o importe do roubado", á vez que
engadiu que apartaron do PP a quen "non hizobien as cousas" e
deixaron actuar a xuíces, fiscais e forzas e corpos de seguridade do estado
"con independencia", recalcou Rajoy.
"Poñeremos
todo o noso empeño en que algunhas cousas que vimos nestes anos non volvan
repetir xamais no noso país. Xamais, polo que non vale cometer erros",
recalcou. "O gran obxectivo desta lexislatura foi evitar a quebra de
España, o rescate e superar crise e empezar a crecer e para iso levamos a cabo
unha política económica que funcionou e nela imos a perseverar no próximos
catro anos", engadiu.
Así, manifestou
que imos traballar para crear 500.000
postos de traballo anuais e tentar que haxa un emprego de maior calidade,
porque o 75% dos traballadores son indefinidos.
Ademais, avanzou
que nos próximos días anunciarán medidas "moi importantes" en materia
de cotizacións á Seguridade Social.
Tamén afirmou
que continuarán co proceso de reformas xa iniciado e farán unha
"especial" aposta pola formación profesional dual para que quen
estude poida traballar á vez como ocorre en países como Austria.
Así mesmo,
sostivo que poñerán en marcha unha "gran operación" para favorecer ás
pemes e para apoiar a innovación e a investigación porque "aí está o
futuro dos países". "Poñeremos en marcha un plan nacional para
desenvolver unha axenda dixital e faremos unha reforma administrativa",
puntualizou Rajoy.
"Estas medidas pódense aplicar e en moitas xa demos
pasos cara a adiante", destacou.
"Os
españois vivimos catro anos moi difíciles e hoxe podemos dicir que superamos o
peor e non estamos como estabamos cando chegamos ao goberno de España, que só
se falaba do rescate, a quebra e que eramos o enfermo de Europa", indicou
Rajoy. "Hoxe iso por fortuna xa non é así. Non foi fácil para ninguén,
pero cambiamos as cousas e agora somos un país co maior crecemento de Europa e
un millón de españois atoparon posto de traballo", ha destacou.
Con todo, o presidente do Goberno admitiu
que aínda quedan "moitas necesidades por atender" porque quedan
"moitas secuelas e moita marxe para mellorar".
"Agora o que debe
importar é o futuro, o que fixemos nestes catro anos está ben, pero só avala o
que temos que facer”, puntualizou.
Recibirá resposta
Recibirá resposta