domingo, 11 de octubre de 2015

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso dos Deputados

O próximo Pleno do Congreso dos Deputados comeza o martes 13 de outubro ás 9,00 horas, co debate de toma en Consideración da Proposición de Lei das Cortes de Aragón pola que se modifica o Código Civil en relación co estatuto persoal e veciñanza civil; e da Proposición de Lei do Grupo Parlamentario Esquerda Plural, pola que se regula o embargo ou suspensión do comercio de armas con Estados invasores ou ocupantes de Territorios ou Estados.

O Pleno debaterá tamén ese día a Proposición non de Lei do Grupo Parlamentario Catalán de Convergència i d'Uniu, relativa a incrementar o salario mínimo interprofesional; e dos Grupos Parlamentarios Socialista, Esquerda Plural e Compromís (Mixto) para reverter os graves efectos que están a causar as diferentes políticas postas en marcha polo Goberno da Nación, por medio do Real Decreto-Lei 20/2012, así como das medidas restritivas da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o sector público empresarial, que depende do Grupo da Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI).

Tamén se votarán tres mocións, a primeira dela do Grupo Parlamentario Socialista sobre o balance da política de emprego na X Lexislatura. A segunda, da Esquerda Plural, sobre medidas que pensa adoptar o Goberno na presente situación de recollida de refuxiados. E a terceira moción, presentada por CiU, sobre a política do Goberno ante as inxustizas da Xustiza, particularizado no caso da Talidomicia.

O martes o Pleno finaliza co debate das emendas do Senado sobre o Proxecto de Lei reguladora da protección social das persoas traballadoras do sector marítimo-pesqueiro, que conclúe así a súa tramitación parlamentaria e quedará listo para ser publicado no BOE e entrar en vigor. 

O mércores, 14 de outubro, renóvase ás 9:00 horas coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacións urxentes. 

Ás 16:00 horas, o Pleno continúa coa convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei 11/2015, de 2 de outubro, para regular as comisións pola retirada de efectivo nos caixeiros automáticos, e o Ditame da Comisión do Estatuto dos Deputados sobre declaración de actividades.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta