Como dicía nunha entrada o
pasado xoves, estiven na estación de Zamora e puiden comprobar o magnífica que
é.
Atópase no Barrio das
Viñas, a uns 600 m da Avenida das Tres Cruces. O actual edificio ianugurado en
1958, é de estilo neoplateresco e está
construído con pedra dourada de Villamayor e posúe unha fachada principal de 88
metros de lonxitude formada por tres corpos que inclúen catro torres cadradas e
tres pisos.
Conta cunha terraza no segundo piso decorada
cun frontón triangular, un reloxo e dous escudos. A planta baixa complétase con
arcadas de estilo renacentista que debuxan unha longa galería. Unha crestería
completa a ornamentación que en xeral garda unha gran similitude co palacio de
Monterrey en Salamanca.
Nesta estación ADIF acaba
de investir 2,51 M€ na fase 1 da remodelación e 0,86 M€ en obras de adecuación.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta