Sobre a devolución aos funcionarios da paga extraordinaria do Nadal de 2012

Esta mañá celebramos no Pleno do Congreso, o debate sobre a convalidación ou derrogación do Real Decreto Lei polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado e adóptanse outras medidas en materia de emprego público e de estímulo á economía. 

Defendeu esta convalidación o Ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristobal Montoro que entre outros coas dixo que a decisión de devolver agora aos funcionarios a paga extraordinaria do Nadal de 2012 débese á "recuperación da economía, que é tanxible e antes non existía", e negou relación algunha desta medida coa proximidade das eleccións xerais.

Dixo que, cando a lexislatura toca ao seu fin, o Executivo considera moi necesario que todas as necesidades obxectivas que se recollen no decreto sexan atendidas de maneira inmediata. Ademais, defendeu a decisión de aprazar o pago desta paga extra en xullo de 2012, ante a crítica situación que atravesaba España e que estaba a empuxar ao país cara ao rescate.

E contrapuxo esa posición coa decisión do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero tomada en 2010, cando recortou as nóminas de todos os funcionarios un 5% de media mentres a inflación superaba o 3%.

Ademais, lembrou que a devolución da extra xa comezou o pasado mes de xaneiro, cando os funcionarios cobraron unha cuarta parta que xa se está completando con outro cuarto, recollido nas nóminas de outubro, e que se completará co 50% restante o ano que vén, tal e como está recollido nos Orzamentos do Estado. O resto de administracións públicas devolverana cando a súa situación financeira permítao.

No debate, Montoro puxo en valor que a recadación tributaria contabilizada de xaneiro a agosto, acelera o seu ritmo de crecemento ata o 6,7%, a pesar da rebaixa de impostos da reforma fiscal e dixo que a través da baixada de impostos xa se inxectou nos petos dos contribuíntes máis de 3.000 millóns de euros.

E tamén resaltou o último dato coñecido de que o déficit conxunto da Administración Central, Comunidades Autónomas e Seguridade Social diminuíu un 14,4% no período xaneiro-xullo.

Ademais da devolución da extra, o decreto restitúe os días de libre disposición que se anularon, polo que os funcionarios recuperarán o último "moscoso", que poderán gozar ata o próximo 31 de xaneiro, así como os permisos por asuntos propios en función dos trienios e as vacacións por antigüidade.


Aínda que o real decreto afecta só á Administración Xeral do Estado, habilita ás administracións territoriais para que poidan levar a cabo a devolución en función da súa dispoñibilidade orzamentaria.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.