miércoles, 30 de septiembre de 2015

Comezan as obras de rehabilitación do firme en tramos ourensans da autovía A-52

O Ministerio de Fomento comunica que hoxe comezan as obras de rehabilitación do firme en varios tramos da autovía A-52 nos termos municipais da Mezquita e A Gudiña, ambos na provincia de Ourense.

O orzamento desta actuación ascende a 301.884 euros.

A autovía A-52 en Ourense presenta importantes tráficos pesados, de longo e medio percorrido. 

Por elo é preciso levar a cabo actuacións de rehabilitación superficial do firme para reforzar as condicións de vialidade.

O proxecto contempla, fundamentalmente, a renovación superficial do firme mediante o fresado e posterior reposición con mesturas bituminosas en quente naqueles tramos puntuais que presentan maiores deterioracións.

Contémplase tamén a substitución das xuntas de dilatación dos taboleiros dos viadutos situados no tramo da autovía A-52 obxecto da actuación e o repintado das marcas viarias nos tramos afectados mediante pintura termoplástica en quente.

Sen dúbida unha excelente noticia que era esperada desde hai tempo polos miles de  usuarios desta autovía dás Rías Baixas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta