Salientar
que Consello da Xunta celebrado hoxe vén
de autorizar a sinatura dos acordos entre a Xunta de Galicia, o Ministerio de Fomento e os
38 concellos nos que se sitúan as 54 Areas de Rehabilitación Integral galegas.
O obxectivo é investir nestas áreas un total de 28,5 millóns de
euros, que permitirán permitirán contribuír á rehabilitación de 1.661 vivendas.
Os acordos asinaranse no marco da comisión bilateral de seguimento do Plan
Estatal de Fomento do Alugueiro de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a
Rexeneración e Renovación Urbanas 2013-2016.
As axudas incluídas nos convenios permitirán subvencionar as actuacións de rehabilitación executadas polos propietarios das vivendas emprazadas nas áreas de rehabilitación, así como obras de urbanización e reurbanización realizadas polos correspondentes concellos.

Segundo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o financiamento aprobado hoxe súmase
ao recollido nos acordos asinados coa ministra Ana Pastor o pasado 14 de marzo de 2015 con 19 concellos
e que inclúen axudas por un total de case 6 millóns de euros.
Engadiu
Feijóo que, a Xunta segue a traballar para continuar sendo un referente de
rehabilitación no conxunto do Estado, toda vez que considera que esta liña de
actuación debe ser prioritaria na política de vivenda.
Neste senso, o titular do Goberno galego destacou que desde 1996
foron declaradas en Galicia 66 áreas de rehabilitación en 40 concellos e tamén
se declarou unha ARI tan singular como é a área de rehabilitación dos Camiños
de Santiago. No que atinxe a esta última, apuntou que transcorre por 107
concellos das catro provincias, de maneira que o total de concellos galegos que
dispoñen de áreas de rehabilitación ascende a 128, xa que algúns dos concellos
incluídos na área dos Camiños de Santiago tamén teñen Aris propias.
En total, dende o ano da súa creación, rehabilitáronse ao abeiro
das Aris máis de 11.300 inmobles na Comunidade, cuxos propietarios recibiron
axudas da Xunta e o Estado.
Como puntualizou Feijóo, as achegas da Xunta e o Estado para a rehabilitación de vivendas e urbanización e reurbanización suman un total de 190 millóns desde a creación do programa en 1996.
Como puntualizou Feijóo, as achegas da Xunta e o Estado para a rehabilitación de vivendas e urbanización e reurbanización suman un total de 190 millóns desde a creación do programa en 1996.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta