Asisto esta mañá á última sesión de control ao Goberno desta lexislatura, na que o xefe do Executivo, Mariano Rajoy, realizou un positivo balance do últimos catro anos. "Aínda que temos que seguir perseverando", dixo o presidente, conseguiuse "deter a sangría do paro, crecer e crear emprego", que eran os grandes obxectivos.
O presidente do Goberno contestou as preguntas dos deputados Aitor Esteban, do PNV; Rosa Díez, de UPyD, e Pedro Sánchez, do PSOE. Nas súas respostas, Rajoy admitiu que, aínda que "foi duro e difícil", o balance da lexislatura que agora acaba é "positivo".
Segundo lembrou, fai catro anos, "España estaba en recesión e en crecemento negativo" e hoxe este crecemento é "do 3%, o maior de Europa". Entón, o paro subía o 9% anual, mentres que agora baixa preto do 8% ao ano. Tamén son positivos outros indicadores, como as exportacións, o turismo, o comercio ou o crédito. Por tanto, conseguiuse o gran obxectivo da lexislatura que, como lembrou, fixou no seu discurso de investidura: "Deter a sangría do paro, crecer e crear emprego".
Rajoy explicou que a mellora económica foi "produto de moitas reformas" e tamén do control do gasto público: "O meu Goberno fixo un esforzo de consolidación fiscal deixando reducido o déficit á metade".
Ademais, engadiu que, grazas a todas as decisións que se adoptaron, "logramos manter o estado do benestar, as pensións, o seguro de desemprego" e tamén os servizos públicos.
Sobre os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para o ano 2016, aprobados onte, o presidente do Goberno sinalou que "son cribles e rigorosos" e que servirán para cumprir co obxectivo de déficit marcado. Asegurou que permitirán "seguir subindo as pensións" e o soldo dos funcionarios e, ao mesmo tempo, baixar os impostos.
Polo que se refire á valoración que a Comisión Europea fixo dos PGE para 2016, o presidente Rajoy aclarou que esta institución nin solicitou unha rectificación nin medidas correctivas, como se señalou. En realidade, "dixo o mesmo que dixo os anos 2013 e 2014", agregou.
O xefe do Executivo destacou que a Comisión Europea apuntou que, no ano 2015, España reducirá o déficit público o 1,3%, ademais de poñernos "como exemplo de actuación correcta e de cumprimento do procedemento de déficit excesivo".
Coa intervención do ministro Alonso, terminou o último Pleno da X Lexislatura.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta