sábado, 24 de octubre de 2015

No 7º Salón de Automóbil Novo de Ourense

Acudo onte a EXPOURENSE para asistir ao acto inaugural do 7º Salón de Automóbil Novo que está organizado pola  Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. e que este ano conta con novidades como o  patrocinio de ABANCA.

Salón que  foi inaugurado esta mañá pola directora xeral de Comercio e que estivo acompañada polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada, o  director territorial de ABANCA, Rubén Saavedra, e o vicepresidente de A.C.A.U.T.O., Gerardo Aragonés.

Foi precisamente este último quen fixo referencia durante a súa intervención  "a forza deste salón é que conseguiu reunir aos 100% dos concesionarios oficiais da provincia. Estamos a contribuír a que esta cita consolídese como unha das máis importantes de Galicia". E  comentou que "agardamos que o salón nos axude a igualar o resultado das vendas de automóbiles da provincia coa media de España que subiu un 24%. En Ourense incrementáronse un 12%, pero temos por diante un camiño ilusionante e iremos acurtando distancias".

En total, esta cita ofrece máis de 300 vehículos das 24 marcas que operan na provincia e que aproveitan a súa presenza en EXPOURENSE para presentar os últimos lanzamentos e os  vehículos que se van comercializar para a campaña o 2016.

Resaltar que todos os expositores contan con prezos específicos para os vehículos cuxa venda se peche neste fin de semana, aos que hai que sumar os descontos que as propias marcas facilítanlles aos concesionarios para facilitar a venda destes días.

Parabén ao importante sector ourensán da automoción e moito éxito de vendas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta