sábado, 24 de octubre de 2015

Na Gala de entrega dos premios Ramón Puga que concede Radio Ourense- Cadea SER

Asisto onte pola tarde no Auditorio de Ourense, á Gala de entrega da segunda edición dos premios Ramón Puga que concede Radio Ourense- Cadea SER.

Foron entregados, en teatro infantil, en teatro para Educación Especial ( de extraordinario mérito), en educación viaria a través do teatro e en teatro xeral. Uns premios que foron coordinados exitosamente  por Fernando Gabelo.

No apartado de teatro para adultos, á mellor dirección o premio foi para Manuela Casal, pola obra “Unha rosa é unha rosa”, do grupo de teatro Barbaña. O Mellor actor premiado foi o carballiñés Pepe Prada, polo seu papel de “O Borrachiño” na obra “Club PK2”, do grupo Tiruleque Teatro. A Mellor actriz premiada foi Caste Díaz, polo seu papel de “Uxía” na obra “Aproximación á muller nociva”, do Grupo de Teatro Barbaña. E o premio á mellor obra: recaeu no “Club PK2”, do Grupo Tiruleque Teatro, texto de Pepe Prada.

Tamén foron entregados premios honoríficos:  a Alejandro Outeiriño (a título póstumo, recollido pola súa filla Maribel Outeiriño), polo seu labor de defensa e difusión da cultura ourensá desde o xornal La Región; a Marisa Calvo, por ser unha figura destacada e promover o teatro ourensán por toda España desde o grupo de teatro Vale Inclán; a Mariluz Villar, pola súa gran traxectoria como directora de teatro, ademais do seu labor profesional como xornalista e escritora, ao ex Deán da Catedral Serafín Marqués, pola súa contribución á cultura e a poesía de Ourense, e a Luisa Martín, actriz de fama nacional, traballando en teatro, cinema e series de éxito, como o seu lembrado papel de “A Juani” da serie “Médico de familia”, por toda a súa traxectoria.

Na gala tamén se realizou unha homenaxe "In memoriam" a Loly Buján e María Teresa Branco e entregáronse os premios de Mellor Novela a “Na frontera”, de Vicente Donoso, e novela finalista a “Casa de vecinos”, de Eugenio Feijóo.

Un acto perfectamente organizado, presentado con mestría por Fernando Gabelo, Pepe Gonzélez e Milucha Rodriguez   e no que gozamos da actuación musical de Daniel  Minimalia, Silvia Alonso e a coral Os Vellos Amigos.

Parabens á familia de Don Ramón Puga, e como dixo Julio Aragón Valencia, "ata o vindeiro ano".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta