Visito hoxe o Concello de San
Cibrao das Viñas para manter unha
reunión de traballo co seu alcalde, Manuel Pedro Fernández, á que asistiu tamén
a edil Marta Nóvoa e o presidente da
Asociación de empresarios do Polígono Industrial, José Elias Mera Martinez.
Neste encontro abordamos
cuestións relacionadas con demandas en materia de infraestruturas viarias e
ferroviarias de titularidades estatal que dan servizo a este importante
municipio.
Un Concello cun tecido industrial
moi consolidado, próximo á cidade de Ourense e con acceso a vías de
comunicación de alta capacidade.
No seu territorio atópase o
Polígono Barreiros, o Parque Tecnolóxico de Galicia e o polígono industrial David Ferrer, o maior da
provincia, a máis diso a metade das instalacións do recinto feiral de
Expourense.
Por outra banda puiden constar
que estamos ante un Concello moi ben xestionado nos seus servizos públicos e que ademais acaba de aprobar
unha redución nun 23 por cento do valor catastral do chan de carácter urbano e
as súas edificacións.
Unha decisión de política social
adoptada para beneficiar, a todos os veciños e que poden levar a cabo por
cumprir coas condicións impostas polo Ministerio de Facenda.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta