Tivemos onte o primeiro Comité de Dirección do PP de G deste curso político e que estivo presidido por Alberto Núñez Feijóo, e no que o secretario xeral Alfonso Rueda comunicou que xa estamos nun período de posta en marcha da maquinaria preelectoral de cara ás próximas eleccións, salientando a necesidade de designar xa ao Comité de Campaña e ao seu director.
José Manuel Rey Varela foi nomeado director do Comité de Campaña para as vindeiras Eleccións Xerais do mes de decembro, convergiéndose así no encargado de deseñar a estratexia coa que o PPdeG axudará ao Partido Popular e a través da que agardamos manter uns resultados tan bos como os obtidos hai catro anos.
Rey é a persoa idónea para dirixir esa función xa que, sen chegar aos 40 anos, o líder do PP de Ferrol ten experiencia traballando en eleccións, coñece perfectamente o funcionamento do partido e comprende as inquedanzas da xente á que lle pedirán o voto.
Se ben como Goberno o PP de G se enfronta a importantes retos como o Debate sobre o estado da Autonomía ou a presentación e aprobación dos Orzamentos para 2016, tamén os terá que asumir como partido político. Deste xeito, aos fixados polo calendario electoral nacional, hai que sumarlle a aprobación e presentación final da Ponencia política do PPdeG.
O documento, cuxo borrador foi presentado a finais do mes de xullo, será aprobado definitivamente e presentado a principios de outubro, nun acto que contará coa vicesecretaria de Estudos e Programas, Andrea Levy.
https://m.youtube.com/watch?v=ekS8PcrAcls
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta