Importante baixada en agosto do paro rexistrado en Ourense e Galicia, e lixeiro incremento en España

ESPAÑA:

Hoxe coñecemos que o número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou no mes de agosto en 21.679 persoas, un 0,54% respecto ao mes de xullo. Nos oito últimos anos, o paro diminuíra por termo medio no mes de agosto en 50.564 persoas.
En termos desestacionalizados, o paro rexistrado reduciuse en 5.286 persoas o mes pasado. O paro desestacionalizado descendeu en 26 dos últimos 28 meses.
Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 359.975 persoas, a maior redución rexistrada en toda a serie histórica nun mes de agosto. A redución interanual do desemprego sitúase no -8,13%.
Con este descenso, a cifra total de desempregados sitúase en 4.067.955 persoas.
O desemprego dos mozos menores de 25 anos redúcese un mes máis e en termos interanuais cae en 51.902 persoas, a un ritmo de descenso que alcanza o 13,4%.
O paro rexistrado diminúe entre os que desempeñaron a súa última actividade na Agricultura, con 5.964 desempregados menos (-2,98%). Aumenta entre os que proceden da Construción, con 4.643 parados máis (1,02%); da Industria, con 5.802 desempregados (1,49%) e Servizos con 22.876 (0,87%). Entre o colectivo de persoas sen emprego anterior, o paro redúcese en 5.678 persoas (-1,59%).
O paro rexistrado baixa en 6 Comunidades Autónomas, entre as que destacan, Galicia (-2.639), Canarias (-1.257) e Asturias (-1.057). Sobe, en cambio, en 11 encabezadas pola Comunidade Valenciana (7.614) e Cataluña (4.521). 
GALICIA

O paro rexistrado de Galicia baixou en agosto en 2.639 persoas con respecto a xullo (un – 1,22 %).

O número de parados queda en 213.732, deles 96.751 son homes e 116.981 mulleres, 203.022 son maiores de 25 anos e 10.710 menores.

Son, 7.285 son da agricultura, 27.307 da industria, 26.470 da construción, 134.071 nos servizos e 18.599 do colectivo sen emprego anterior.

Este é o sétimo descenso mensual consecutivo no que vai de 2015, “e o segundo ano consecutivo no que se consegue reducir o paro rexistrado nun mes de agosto en termos interanuais”.
Galicia é a Comunidade autónoma de todo o Estado na que máis baixou o paro este mes en termos absolutos e a terceira rexión en termos relativos.
Por provincias, o desemprego baixou en todas elas, especialmente na Coruña (-933), seguida por Pontevedra (-918), Ourense (-544), e Lugo (-244).
A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 23.207 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,79 %. Se rexistrou a maior baixada interanual en termos absolutos dun mes de agosto de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996).

OURENSE

Baixa o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en 544 persoas, un -  2,26 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 1.840 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,24 %. 

O número de parados queda en 23.564, deles 10.539 son homes e 13.025 mulleres, 22.233 son maiores de 25 anos e 1.331 menores.


Por sectores, 1.027 son da agricultura, 3.313 da industria, 2.848 da construción, 14.137 nos servizos e 2.239 do colectivo sen emprego anterior.
Con la tecnología de Blogger.