lunes, 7 de septiembre de 2015

Entrevista en Telemiño sobre os investimentos en Ourense previstos nos PGE de 2016

A televisión local de Ourense, Telemiño, emite hoxe unha entrevista gravada o pasado xoves na que o periodista Quique Rodríguez me interroga sobre distintos aspectos dos investimentos que para Ourense se contemplan no proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado de 2016.

Uns orzamentos que acadan una cifra histórica que ronda os oitocentos millóns de euros, con gran relevancia nos investimentos na execución da liña de alta velocidade, 732 millóns. Pero salientando que se duplican as dotacións para a estradas, e como exemplo a partida de 3,7 millóns para a Variante Norte a Ourense, ou para actuacións de medio ambiente como a EDAR de Ourense, con 6,5 millóns.

Dixen que ademais dos investimentos, o máis transcendente destes presupostos é que dedican o 53,5% do presuposto a gasto social e que están orientados ao crecemento económico e á creación de emprego.

E neste sentido puxen de relevo a alegría pola noticia coñecida onte do descenso en agosto en 544 persoas do paro rexistrado 
en Ourense. E a comparativa entre decembro de 2011 e agosto de 2015, que acredita que na nosa provincia hai 4.653 parados menos, o que acredita que imos nunha boa dirección de recuperación económica.

10.9.2015: Entrevista Telemiño. PGE 2016
http://www.teleminho.com/video/la-entrevista-de-hoy/celso-delgado-deputado-pp-ourense/20150910133321019565.html

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta