lunes, 24 de agosto de 2015

Na Carreira Pedestre Popular Andar e Correr de Baiona


Onte domingo - nunha mañá de forte vento e chuvia - participei ao igual que preto de 2.000 persoas na Carreira Pedestre Popular Andar e Correr de Baiona.


Unha proba que cumpriu a súa trixésimo primeira edición e que está acreditada como unha das máis multitudinarias do sur de Galicia e que conta sempre cun masivo apoio de numeroso púbico, de xente de todo o territorio nacional, dadas as datas estivais.

Na proba absoluta - sobre un esixente percorrido de 10 km - finalizaron case 1.500 atletas, pero sumando os que competiron en diferentes categorías foron preto de 3.000 os participantes.

Os gañadores foron Jose Alberto Bastos (C.S.C.RBeade) cun tempo de 32:46 e Marta Borrajo Vazquez (Alcorcón) cun un crono de 38:07.

Pola miña banda cumprín un ano máis o meu obxectivo de facer un digno papel acorde os meus anos e a forma física e finalicei nun tempo de 54:31.

Felicidades á concellaría de Deportes e Actividades marítimas de Baiona, pola súa excelente organización, e os seu alcalde, Jesus vazquez Almuiña, que tamén participou.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta