Hoxe
a Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso aprobou con Competencia
Lexislativa Plena, e cun amplo consenso, o proxecto de Lei reguladora da
protección social dos traballadores do sector marítimo-pesqueiro, un texto que
regula tanto o Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar
(en diante Réxime Especial) como o resto de prestacións e servizos xestionados
polo Instituto Social da Mariña e que pretende poñer orde na profusa normativa
existente e simplificar a complexidade en materias como o campo de aplicación,
a cotización e a acción protectora, con especial atención á prestación de
xubilación.
En nome do GPP
interveu o voceiro de pesca, o lucense, Joaquín García Díez, que destacou que a
Lei xorde do compromiso do Goberno co sector pesqueiro e do seu desexo de
seguir ampliando as condicións sociais dun colectivo que desenvolve a súa
actividade nunhas condicións moi especiais pola dureza da vida a bordo dun
barco, o prolongado illamento das tripulacións, o afastamento do fogar familiar
ou a elevada taxa de sinestralidade que padecen.
O proxecto presenta unha simplificación en canto á regulación do réxime do Mar,
ao recoller soamente as especificidades deste en materia de cotización e
coeficientes redutores da idade de xubilación, e en todo o demais remite a
normativa xeral da Seguridade Social, co que se evitan duplicidades na
regulación. Ademais, define os beneficiarios das prestacións que xestiona o
Instituto Social da Mariña, independentemente do réxime en que se achen encadrados.
García
Díez
explicou que se segue mantendo no Réxime Especial os traballadores que realizan
unha actividade marítimo-pesqueira a bordo, pero inclúe como novidade a
colectivos como o persoal de investigación, observadores de pesca e persoal de
seguridade, así como a persoas que non desenvolven o seu traballo a bordo pero
si vinculadas ao sector, como os traballadores administrativos de empresas
estibadoras e das empresas que lles nutren de traballadores, sempre que
desenvolvan a súa actividade exclusivamente no ámbito portuario, así como os
redeiros, prácticos de porto e persoal que presta os seus servizos en
plataformas fixas (petrolíferas, de gas, etc).
Inclúese os mergulladores profesionais, que ata agora só se incluían no Réxime
Especial cando realizaban os seus servizos nunha empresa marítimo-pesqueira,
quedando excluídos os recreativos, e no que respecta aos estibadores
portuarios, e ante a gran problemática xurdida nos últimos anos, inclúese unha
definición do estibador portuario, configurándoo como aquel que realiza as
actividades que integran o servizo portuario de manipulación de mercadorías
relacionadas na Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante, aprobado polo
Real Decreto Lexislativo 2/2011.
Por outra parte, contémplase por primeira vez o termo acuicultura, ao obxecto
de agrupar baixo a devandita denominación diversas actividades encadradas no
Réxime Especial, aínda que quedan excluídos os traballadores que presten
servizos en empresas dedicadas á acuicultura en zona terrestre.
O voceiro popular de Pesca
deu que se configura o Réxime Especial con dous grandes colectivos, os
traballadores por conta allea e os traballadores por conta propia e sinalou que
neste Réxime Especial, as embarcacións son consideradas como centros de
traballo, polo que debe existir unha conexión ou vinculación entre o rexistro
de embarcacións que se xestiona polo Instituto Social da Mariña e o Rexistro de
Buques de Mariña Mercante.
García Díez subliñou que todas
as novidades incorporadas se realizan mantendo como tempo efectivo na
aplicación dos coeficientes redutores os períodos de desembarco por
enfermidade, accidente, vacacións, etc., un aspecto que a moitos grupos
parlamentarios lles suscitara preocupación, e agradeceu as achegas de todos
para que este proxecto de lei satisfaga as necesidades do sector.
O texto aprobouse co voto favorable de todos os grupos, agás a abstención do PNV, e o voceiro
popular agradeceu os eloxios recibidos polo permanente diálogo que o GPP mantivo para
chegar a un proxecto de consenso. "O grao de participación no período de
consultas foi moi amplo e o grao de consenso alcanzado moi elevado e iso fai
que hoxe poidamos alegrarnos de compartir maioritariamente os obxectivos e os
medios que esta lei contén".
Unha boa noticia para este sector que ten tanta relevancia en Galicia, e noraboa a Joaquin García artífice deste consenso.
Unha boa noticia para este sector que ten tanta relevancia en Galicia, e noraboa a Joaquin García artífice deste consenso.
https://youtu.be/YZTPLsDO4_0
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta