martes, 4 de agosto de 2015

PGE 2016: o investimento en Galicia chega a 1.369 millónsde euros, un 12,3 % do total rexionalizado


Hoxe o Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro presentou no Congreso dos Deputados o proxecto de lei de Presupostos Xerais do Estado para 2016 e neles mantense un importante compromiso con Galicia, onde o Estado invistirá 1.363,9 Millones de Euros, o que supón, ao igual que o pasado ano, o 12,3% do total rexionalizado, unha porcentaxe máis que relevante se recordamos que durante anos o obxectivo de Galicia foi chegar ao 8%.

Ao meu xuízo trátanse duns Presupostos que son garantía de estabilidade para poder seguir crecendo e sobre todo creando emprego (hoxe soubemos que hai 74.028 parados menos en xullo en España, dos que 12.691 son galegos). E destaco que son unhas contas que apostan por devolver aos españois gran parte do esforzo realizado, por iso dedican o 53,5% a gasto social e inclúen un incremento do 0,25% das pensións e do 1% para os empregados públicos.



O Ministerio de Fomento, que dirixe Ana Pastor, é novamente o ministerio máis investidor en Galicia. En total, o grupo Fomento destina a nosa CC.AA. 1.239 millóns, dos que 883,9 millóns de euros son para ferrocarrís e 230,7 irán destinados á rede de estradas



Destaco que este compromiso investidor de Fomento en Galicia, que será en 2016 a 2ª Comunidade Autónoma con maior investimento per cápita de Fomento de todo o Estado, con 451,1 € por persoa, queda claramente ratificado polo feito de que nos cinco presupostos aprobados polo Goberno nesta Lexislatura Fomento investiu na nosa CC.AA. 8.379,55 millóns de euros, que representan un 9,83% do total.


Os aeroportos galegos recibirán 12,03 millóns, mentres que o investimento en Portos ascende a 104,85 millóns, un 125,03% sobre a media nacional.
  
A dotación consignada para o conxunto das obras da liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense ascende a 773,4 millóns de euros. En conxunto esta liña recibe 993,6 millóns de euros.

Os PGE destinan 21,0 M€ para actuacións pendentes no Eixe Atlántico (Vigo-A Coruña), ademais incluen unha dotación de 34 M€ en proxectos finalizados neste tramo e 5,7 M€ para actuacións no tramo do Eixe Atlántico Santiago-A Coruña, principalmente para a implantación de ERTMS no tramo SantiagoA Coruña.



O ministerio que dirixe Ana Pastor destina 10,0 M€ para a estación de Santiago, 4,0 M€ para a estación de Vigo, 1,0 M€ para a estación da Coruña e un 1,0 M€ para a estación de Ourense e previu a dotacións necesarias para continuar os estudos e proxectos das conexións ferroviarias aos portos exteriores de Ferrol e A Coruña. (Está previsto financiamento do acceso ao Porto Exterior de Ferrol a través do Fondo de accesibilidade Terrestre Portuaria).



As partidas para o mantemento da rede convencional de ferrocarril ascenden a 43,1 millóns de euros.

En estradas, onde o investimento en Galicia sobe un 7% respecto ao 2015, haberá partidas para novas obras como a autovía A-54 Santiago-Lugo, á que se destinan 29,3 M€ para licitar as obras dos dous últimos tramos do itinerario: Arzúa - Melide e Melide - Palas de Rei, así como para licitar as obras do intercomunicador entre á-54 e a N-540 en Guntín.


Na autoestrada do Atlántico AP-9 considéranse dotacións para licitar as obras do Acceso á Cidade da Cultura (3,0 M€) e a Conexión con á-54 (Enlace Orbital) (3,0 M€), na provincia da Coruña, e, ademais, o Ministerio de Fomento segue investindo 7,0 M€ para a subvención de reducións de peaxes na AP-9: supresión da peaxe no tramo de acceso a Vigo (O Morrazo-Rande e inverso) e o tramo de acceso A Coruña (A Barcala-A Coruña e inverso) da autoestrada AP-9.



En Ourense, na autovía A-56 está previsto licitar as obras do primeiro tramo da Variante Norte de Ourense: o tramo Eirasvedras - Quintela, para o que se destina unha dotación de 3,70 M€., e tamén se destinan 1,0 M€ para licitar as obras de conexión da N-120 coa N-536, na localidade de Barco de Valdeorras.


Os PGE do 2016 contemplan tamén en Pontevedra unha partida de 5,2 millóns para a autovía A-57, co fin de licitar as obras do tramo Ermida - Pilarteiros, e tamén está previsto licitar as obras da variante da N-640 na Estrada, para o que se destina unha partida de 4,3 M€.


Os PGE de 2016 consignan, entre outras, partidas presupostarias necesarias para proseguir coa execución das obras que están marcha, e iniciar outras actuacións que xa foron licitadas. Neste sentido, farase un importante esforzo investidor para proseguir a execución das obras da autovía A-54 (66,7 M€: 43,5 M€ na Coruña; 23,2 M€ en Lugo), prevese dotación (7,9 M€) para continuar coa execución das melloras nas obras da Terceira Rolda da Coruña (AC-14), tramo As Lonzas- A Zapateira, outra para proseguir co proxecto da autovía A-52, tramo Porriño- Vigo, e co estudo do trazado no subtramo comprendido entre o enlace de Porriño e o enlace de Mos

Tamén haberá 401.000 euros para avanzar na redacción dos proxectos dos tramos A Veiga de Cascallá-Requejo e O Barco de Valdeorras-A Veiga de Cascallá, pertencentes á autovía A-76 Ponferrada-Ourense, así como para iniciar os proxectos da autovía A-82 San Cibrao-Barreiros, nos tramos comprendidos entre Barreiros e Foz (1,5 millóns) e entre Foz e Burela (800.000 euros).



Afirmo ademais que os Presupostos Xerais do Estado para 2016 supoñerán, grazas á estabilidade lograda, un impulso ás CC.AA., que recibirán 10.000 millóns máis, un 8,7% máis de financiamento que lles permitirán manter servizos públicos esenciais para todos os cidadáns como sanidade, educación ou servizos sociais.



Para o meu parecer adiantar a presentación dos PGE é un exercicio de responsabilidade, xa que as contas públicas son a ferramenta do Goberno para seguir traballando pola recuperación económica española.

 Grazas a política realizada e aos esforzos de toda a sociedade hoxe podémonos alegrar de losdatos do paro dados a coñecer, que sitúan a Galicia como a segunda CC.AA. na que mais se reduciu o desemprego. En total, a taxa interanual reflicte xa 23.908 galegos parados menos, polo que non cabe dúbida de que imos na senda correcta.


http://www.crtvg.es/informativos/o-bng-critica-o-recorte-do-gasto-dos-orzamentos-en-galicia-1346549 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta