Baixa en xullo o paro rexistrado en 74.028 persoas,

ESPAÑA:

O paro rexistrado no mes de xullo baixou en 74.028 persoas, o maior descenso neste mes dende o ano 1998.

Con esta nova redución, o número de parados sitúase en España en 4.046.276 persoas, moi preto de baixar da barreira dos catro millóns e ao nivel existente en setembro de 2010.


Xa hai 376.083 parados menos que ao comezo da lexislatura, en decembro de 2011.

En termos interanuais, o paro baixa en 373.584 persoas, o maior descenso de toda a serie histórica. O ritmo de caída do paro acelérase ata un 8,5% anual.

Deste descenso tamén se benefician os menores de 25 anos, entre os que o paro baixa en 56.012 persoas, a maior redución dende 1997 e a un ritmo do 14,3%.

A calidade o emprego mellora. A contratación indefinida subiu en xullo un 8,56% respecto ao mesmo mes do ano 2014. No que vai de 2015, a devandita contratación crece a un nivel do 14,4% en relación ao ano pasado e a indefinida a tempo completo faino nun 17%.

Xunto aos datos de redución do paro, España segue creando emprego.

GALICIA

O paro rexistrado de Galicia baixou en xullo en 12.691 persoas con respecto a xuño (un – 5,54 %) .Unha porcentaxe que triplica á media estatal e que supón a maior baixada relativa do Estado en termos mensuais. Este é o sexto descenso mensual consecutivo no que vai de 2015, e o maior de todos eles en termos absolutos e relativos.

O numero de parados queda en 216.371, deles 98.600 son homes e 117.771 mulleres, 205.557 son maiores de 25 anos e 10.814 menores.


Son, 7.419 son da agricultura, 27.631 da industria, 26.974 da construción, 133.569 nos servizos e 18.778 do colectivo sen emprego anterior.

Poñer en valor a evolución interanual, cunha diminución do 9,95% (-23.908 persoas). Se rexistrou a maior baixada interanual en termos absolutos dun mes de xullo de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996) e a segunda se se toman como referencia os datos relativos. É, ademais, o segundo ano consecutivo no que se consegue reducir o paro en xullo en termos interanuais.

Ademais, con este descenso, xa se acumulan vinte e unha baixadas interanuais consecutivas desde novembro de 2013. Grazas a este comportamento, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que existían en 2011, isto é, o desemprego volve a niveis de hai catro anos.

OURENSE

A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 2.094  persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,99 %. 

O numero de parados queda en 24.108, deles 10.953 son homes e 13.155 mulleres, 22.731 son maiores de 25 anos e 1.377 menores.

Por sectores, 1.072 son da agricultura, 3.313 da industria, 2.943 da construción, 14.506 nos servizos e 2.274 do colectivo sen emprego anterior.

Estos datos acreditan que a finais de xullo de 2015 hai en Ourense 4.109 parados menos que en decembro de 2011. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.