Hoxe
coñecemos a boa noticia de que a
Policía Nacional de Ourense
se verá reforzada de forma inminente grazas á implantación dun subgrupo
operativo da Unidade de Prevención e Reacción (UPR).
Prevese a incorporación de oito policías, dous oficiais e un subinspector nas
próximas semanas.
As Unidades de Prevención e Reacción concíbense para a prevención, mantemento
e, no seu caso, restablecemento da orde e a seguridade cidadá. Potencian a
capacidade operativa das Brigadas de Seguridade Cidadá.
As funcións das UPR
concrétanse, en liñas xerais, nas seguintes:
. Dispositivos especiais de prevención
da delincuencia.
. Mantemento da orde pública e a seguridade cidadá.
. Apoio a outras Unidades, Servizos ou Institucións, en dispositivos puntuais.
. Reacción e intervención ante calquera situación que requira unha actuación
inmediata.
Quero destacar o importante traballo da miña compañeira deputada Ana Belén Vázquez,
que é ademais vicepresidenta da comisión de interior do Congreso, que vén dende
o inicio desta lexislatura traballando coa máxima intensidade para conseguir
que unha xusta demanda histórica da comisaría provincial se fixese realidade.
Felicitar tamén ao comisario Amable
Valcárcel, e a
todos os policías que traballan na nosa Comisaría e por suposto a todos os
cidadáns de Ourense,
que con esta nova unidade estarán máis seguros.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta