A Ponencia Política do PP de G

O vindeiro xoves terá lugar a presentación da Ponencia Política do P.P. de G, cuxo equipo redactor estivo coordinado polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela.

Consta de tres bloques: política económica, participación e política social.

Entre as propostas que incluye está a revisión da fiscalidade por exemplo en relación co imposto de sucesións e doazóns.

Tamén o documento redactado para a Ponencia plantexará a eliminación do aforamento para os 75 cargos con escano no Parlamento de Galicia, o que requiriría reformar o artigo 11 do Estatuto de Autonomía de Galicia, unha operación que só sairá adiante se a avalan, polo menos, 50 dos políticos con asento no hemiciclo galego. 

Ademais, a Ponencia, contempla a implantación dun sistema interno de dación de contas dos cargos públicos. Así con carácter anual, os alcaldes, concelleiros, senadores, congresistas e deputados provinciais e autonómicos terán que facer balance da súa xestión ante os seus respectivos comités locais e que os informes das sesiones faranse públicos para coñecemento da militancia.

A maiores, o texto creado para a renovación do Partido Popular de Galicia preverá tamén a creación dun equipo de auditores internos que se encargarán de examinar aos candidatos a ocupar cargos públicos, de modo que poidan comprobar a idoneidade destes para o posto en cuestión.

Outro dos puntos plantexados na ponencia será a introdución dunha cláusula que aboga por extender aos ámbitos provinciais e autonómico o método polo que xa son designados os líderes locais do partido, e dicir polo sistema de elección directa por parte dos militantes.

Ademais, a ponencia contempla novas canles de comunicación e participación coa cidadanía en xeral e coa súa militancia en particular, de xeito que os afiliados vexán reforzada a súa relevancia no día a día e nas decisóns tomadas polo partido.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.