Hoxe e o segundo aniversario da terrible traxedia ferroviaria de Angrois, e compre
facer lembranza das 80 vítimas mortais e dos feridos e ás familias de todos eles.
Tamén é momento de lembrar aos veciños que acudiron a
socorrer os feridos; aos membros do 112 e do 061, os servizos médicos,
de protección civil, os bombeiros, das forzas de seguridade, os doantes de sangue, etc.
Como esta maña dicía o presidente da Xunta, Alberto Nuñez, no acto de entrega das medallas de Galicia: " Todos os Días de Galicia quedarán marcados polo ocorrido aquel 24 de xullo de 2013.
Polo peor, a ausencia dos que se foron. E polo mellor, o exemplo de todo o pobo galego. Con esa eterna mestura de tristeza e de orgullo, convido a todos os galegos a que vivan o noso Día de Galicia"