Na Deputación Permanente do Congreso

Asisto hoxe en Madrid a unha sesión  Deputación Permanente do Congreso dos Deputados, que é o máximo órgano de goberno da Cámara entre períodos ordinarios de sesións.

Comezou coa petición do Grupo Socialista de que o presidente do Goberno explicase ante o Pleno as razóns polas que non se convocou ningunha reunión da Conferencia de Presidentes dende o ano 2012, que se rexeitou.

Os Grupos Parlamentarios de IU, ICV, EUiA, CHA: A Esquerda Plural e Mixto, defenderon tamén a convocatoria dun Pleno extraordinario para que o xefe do Executivo explicase as políticas que deben poñerse en marcha para reducir os elevados niveis de precariedade no emprego provocados pola reforma laboral, que se rexeitou.

O Grupo Socialista quería tamén que o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, dea conta da súa posición en relación á repartición dos obxectivos de déficit entre Administracións no período 2016-2018, foi rexeitada.

Tamén o PSOE, Esquerda Plural e o Grupo Mixto, pedían que Montoro informase sobre a sanción imposta pola Unión Europea polo déficit oculto da Generalitat Valenciana e as medidas que pensa tomar o Goberno en relación coas actuacións que motivaron a sanción. Estas peticións foron rexeitadas.

Tamén se rexeitou a petición dos Grupos de Convergència i d'Unió e PNV de que Montoro explicase as actuacións realizadas polo Goberno en relación ao cumprimento da moción aprobada en Pleno que instaba ao Goberno a estudar a posibilidade de introducir, na tramitación como Proxecto de Lei do Real Decreto-Lei 1/2015, unha nova redacción do seu artigo 7 para que as pequenas entidades sen ánimo de lucro dispoñan dun tratamento fiscal que non impida o desenvolvemento da súa finalidade.

O Grupo Socialista reclamaba a comparecencia urxente do ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso, para informar das actuacións que vai levar a cabo para garantir o acceso á pílula post coital para as mulleres que a requiran, foi rexeitada.


Tampouco saíu adiante, a proposta do Grupo de Convergència i d'Unió e o PNV de comparecencia do responsable de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para que indicase cando vai dar cumprimento á Sentenza do Tribunal Supremo relativa á territorialización dos recursos correspondentes ao 0,7% do IRPF que vai destinado a entidades sociais.

Por outro lado, rexeitáronse as peticións do Grupo Socialista de comparecencia do ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, para aclarar a posición que está a manter o Goberno en relación coa distribución de demandantes de asilo en países da Unión Europea; así como a situación de "colapso" e as listas de espera existentes para a tramitación de solicitudes de protección internacional na Oficina de Asilo e Refuxio (OAR) do Ministerio do Interior.

O Grupo Socialista pedía ademais unha sesión extraordinaria da Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo para que a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, explicase as razóns da utilización do Fondo de Reserva da Seguridade Social e do Fondo de Continxencia das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, para aboar a paga extraordinaria dos pensionistas, foi rexeitada.

Por outro lado, foron rexeitadas, as solicitudes dos Grupos Parlamentarios Mixto e de IU, ICV, EUiA, CHA: A Esquerda Plural, de comparecencia da ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina, para que explicase se vai adoptar medidas de carácter urxente para poñer fin á grave crise que padece o sector lácteo; e a do Grupo Socialista, para que valorase a crítica situación do sector lácteo español, producida por, entre outras cuestións, o fin do sistema de cota láctea.

Esquerda Plural e o Grupo Mixto solicitaban, por último, que o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, abordase a situación e perspectivas dos municipios de interese turístico, petición que foi rexeitada.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.