EPA 2º T. 2015 : "O emprego creceu en 513.500 persoas nos 12 últimos meses"


O Instituto Nacional de Estatistica, INE acaba de difundir os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondentes ao Segundo Trimestre de 2015. Estos son os principais resultados:

ESPAÑA:"Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 473.900 persoas"

O número de ocupados increméntase en 411.800 persoas no segundo trimestre de 2015 respecto ao primeiro (un 2,36%) e sitúase en 17.866.500. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 1,12%.

O emprego creceu en 513.500 persoas nos 12 últimos meses. A variación anual é do 2,96%.

A ocupación sobe este trimestre en 412.200 persoas no sector privado e practicamente non varía no público. Nos 12 últimos meses o emprego aumentou en 486.700 persoas no sector privado e en 26.800 no público.

O total de asalariados con contrato indefinido aumenta en 60.800 este trimestre e o de asalariados con contrato temporal faino en 307.600. En variación anual, o emprego indefinido incrementouse en 170.300 persoas e o temporal en 274.600.

 O número de traballadores por conta propia aumenta en 44.200 este trimestre e en 72.400 nos 12 últimos meses.

A ocupación aumenta este trimestre en todos os sectores. Nos Servizos hai 291.700 ocupados máis, na Industria 64.800, na Construción 32.300 e na Agricultura 23.000. No último ano o emprego subiu nos Servizos (247.900 ocupados máis), a Industria (150.600) e a Construción (113.900) e practicamente non variou na Agricultura (1.200 máis).

Por comunidades autónomas, os maiores incrementos de ocupados este trimestre danse en Andalucía (124.700 máis), Illes Balears (69.900) e Cataluña (51.800). Obsérvanse baixadas de ocupación en País Vasco (5.700 menos) e Principado de Asturias (3.300 menos). No último ano case todas as comunidades incrementan a súa ocupación. Os maiores aumentos obsérvanse en Andalucía (177.800 máis), Comunidade de Madrid (119.800) e Comunitat Valenciana (61.600).

O número de parados baixa este trimestre en 295.600 persoas (-5,43%) e sitúase en 5.149.000. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do -2,54%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 473.900 persoas. 

A taxa de paro sitúase no 22,37%, o que supón 1,4 puntos menos que no trimestre anterior. No último ano descendeu en 2,1 puntos.

Por comunidades, as maiores baixadas do paro este trimestre danse en Andalucía (98.700 parados menos), Cataluña (31.900) e Comunitat Valenciana (30.400). En termos anuais, as maiores reducións prodúcense tamén en Andalucía (139.800 menos), Comunitat Valenciana (82.400) e Cataluña (44.300).

O número de activos aumenta este trimestre en 116.100 ata 23.015.500. A taxa de actividade sobe 0,33 puntos ata o 59,79%. No último ano a poboación activa aumentou en 39.700 persoas.

GALICIA: "23.200 parados menos que no trimestre anterior"

No segundo trimestre de 2015 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.360.200 persoas, das cales 1.262.400 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,5%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 800 persoas e a taxa de actividade mantense no mesmo valor.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2014, o número de activos diminúe en 13.400 persoas e a taxa de actividade faino en catro décimas.

Por sexo, a taxa de actividade masculina baixa dúas décimas con respecto ao primeiro trimestre de 2015 e sitúase no 58,6%. A taxa de actividade feminina aumenta dúas décimas e acada o 48,8%.

A ocupación increméntase en 22.400 persoas no segundo trimestre de 2015 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.009.900 ocupados. A taxa de ocupación aumenta un punto neste trimestre ata o 42,8%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 18.400 persoas, o que supón unha suba do 1,9% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre sobe tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns aumenta en 11.200 persoas respecto ao primeiro trimestre do ano 2015 e a ocupación das mulleres faino na mesma cifra. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nun incremento da taxa de ocupación masculina de un punto e nove décimas na feminina.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2014, o número de homes ocupados aumenta en 13.500 persoas (un 2,6%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 1%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados na agricultura e pesca baixa en 1.900 persoas no trimestre e sitúase en 61.200 persoas. A construción gaña 4.900 empregos con respecto ao trimestre anterior, a industria 8.900 e os servizos 10.500.

Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2014, o número de ocupados aumenta en todos os sectores de actividade agás na agricultura e pesca. O sector primario experimenta unha caída do 7,1%. A ocupación nos servizos medra un 0,6%, na industria un 7,1% e no sector da construción un 12,3%.

En Galicia había 793.200 asalariados no segundo trimestre de 2015, 594.700 con contrato indefinido e os 198.500 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 3.200 asalariados máis con contrato indefinido, o que supón un incremento do 0,5%. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal sobe en 16.000 persoas (o que supón, en termos relativos, unha suba do 8,8% con respecto ao primeiro trimestre de 2015). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido aumentaron un 0,9% e os asalariados con contrato temporal medraron un 8,1%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, aumenta 1,4 puntos neste trimestre, ata situarse no 25,0%.

No segundo trimestre de 2015 en Galicia había 252.500 persoas en paro, 23.200 menos que no trimestre anterior. En termos relativos isto supón unha caída do 8,4%. A taxa de paro diminúe 1,8 puntos con respecto ao trimestre pasado, e sitúase no 20%.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2014, o número de parados baixa en 31.800 persoas (un 11,2%) e a taxa de paro 2,3 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 128.800 persoas (14.100 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 123.700 persoas (9.100 menos). A taxa de paro masculina baixa, en consecuencia, 2 puntos e a feminina 1,6 puntos, situándose a primeira no 19,5% e a segunda no 20,6%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 18.200 persoas (un 12,4% menos), e entre o feminino en 13.700 persoas (un 10% menos que hai un ano).

No segundo trimestre de 2015, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 8.300 unidades e sitúase en 86.600. Respecto ao segundo trimestre de 2014 esta tipoloxía de fogares cae un 7,6%.

 Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 15.700 unidades. O número de fogares nesta situación é de 533.500. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 21.300 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 4,2% en termos relativos.

Dos 338.300 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 115.500 (o 34,1%) están ocupados, 60.200 (o 17,8%) parados e os 162.600 (o 48,1%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 34,1% no segundo trimestre de 2015. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 1,3 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2014 diminúe dúas décimas.

A taxa de paro xuvenil baixou durante o trimestre 2,9 puntos ata situarse no 34,3%. En comparación co segundo trimestre de 2014 diminuíu 4,4 puntos.

No segundo trimestre de 2015, o 74,3% dos ocupados de entre 16 e 29 anos ten xornada completa. Con respecto ao primeiro trimestre de 2015, aumenta o número de mozos ocupados a xornada completa (un 4,4%) e o de mozos ocupados a xornada parcial (un 1,4%). Con respecto ao segundo trimestre de 2014 prodúcese unha baixada do 1,2% nos mozos ocupados a xornada completa e do 8,9% para os que teñen xornada parcial.

OURENSE: " 3.900 parados menos que no trimestre anterior"

No segundo trimestre de 2015 os datos desta provincia son:

- Ocupados: 105.200. No primeiro trimestre de 2015  eran 104.600, o que representa un incremento de  600 persoas.

- Parados: 28.100. No primeiro trimestre de 2015 eran 32.000 o que representa un descenso de 3.900 persoas.

- Taxa de Actividade: 47,68 %. Baixou en 1,12 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2015.

- Taxa de Paro: 21,06 %. Baixou en 2,34 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2015.

- Taxa de Ocupación: 37,60 %. Medrou en 0,20 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2015. 

A tasa de paro no Concello de Ourense no último trimestre foi do 20,3 % , tres puntos menos que no segundo trimestre de 2014 ( 23,3%). A tasa de ocupación quedou situada nun 45,6 %, 1,2 puntos mais que hai un ano.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Fontes: INE e IGE
Con la tecnología de Blogger.