jueves, 9 de julio de 2015

A Conferencia Política do Partido Popular “X O Futuro de España”

Mañá comeza en Madrid a Conferencia Política do Partido Popular “X O Futuro de España”,á que asistirei e que se estrutura como un espazo aberto de debate, con catro foros temáticos, con múltiples intervencións.

Estes foros sectoriais contarán coa participación de 40 relatores -entre os que se encontran todos os ministros e a maior parte dos presidentes rexionais do PP- e 1.200 participantes. Rematadas as intervencións, taxadas nun máximo de cinco minutos, haberá intervencións do público e presentaranse conclusións do panel.

1. "Falamos de ti. Emprego e Políticas Sociais", que coordinarán Javier Maroto e Rafael Hernando.

-Emprego garantía de benestar. Fátima Báñez.
-O espello Europeo: Educación para o século XXI. Íñigo Méndez de Vigo.
-Emprender sen barreiras: máis talento e máis emprego. Alberto N. Feijóo.

-Emprego, o motor do sistema. Juan Vicente Herrera.

-Modernización do noso Estado do Benestar. Alfonso Alonso.
-Unha formación inclusiva para o emprego. José Antonio Monago.
-A vivenda despois da burbulla, un debate necesario. Mercedes Fernández.
-Liberdade individual: máis reformas para os autónomos. Ignacio Diego.

2. "A España reformista. " coordinado por Cristina Cifuentes e Pablo Zalba.
-Devolvendo os froitos da recuperación. Cristóbal Montoro.

-Non hai liberdade sen seguridade: a seguridade como valor democrático. Jorge Fernández.
-Reformas nas comunidades autónomas como modelo de desenvolvemento. Miguel Vidal.
-Dignificar a política: combater a corrupción: Antolín Sanz.
-Vertebrar España. Ana Pastor.
-A industria que fai España. José Manuel Soria.
-O campo e a España verde: sostibilidade. Isabel García Tejerina.
-Destino España: o mellor de nós. Alberto Fabra.

3. "A España que queremos. Reformas de terceira xeración", coordinado por Fernando Martínez Maíllo e José Manuel Barreiro.

-Vixencia da Constitución: Renovar o consenso constitucional. Soraya Sáenz Santamaría.

-A necesaria reforma do Senado. Alicia Sánchez-Camacho.
-Abrir os partidos políticos: novas fórmulas de participación. Juanma Moreno.
-A reforma da Lei electoral: o valor do voto. José Antonio Bermúdez de Castro.
-A xustiza ao servizo da liberdade e os cidadáns. Rafael Catalá
-As reformas aos ollos dos máis novos. Beatriz Jurado.
-O marco competencial autonómico. Luisa Fernanda Rudi.
-O impulso reformista nos Concellos. Iñigo de la Serna.

4. "O futuro de España, a UE," coordinado por Javier Arenas e Esteban González Pons.

-Un activo internacional: Marca España. José Manuel García Margallo.

-A defensa dos valores que unen a Europa. Esperanza Aguirre.
-Terrorismo século XXI: Civilización fronte á barbarie. Juan José Vivas.
-A pegada española na reforma de Europa. Álvaro Nadal.
-A eurozona: o modelo español. Luis de Guindos.
-Unha política de inmigración equilibrada e común. Juan José Imbroda.
-A Unión Europea: disolvendo as fronteiras do nacionalismo. Arantza Quiroga.
-A Europa das rexións. Pedro Antonio Sánchez.

A secretaria xeral do partido Popular, María Dolores Cospedal, inaugurará a Conferencia o venres pola tarde; e o presidente do Goberno e do PP, Mariano Rajoy, clausuraraa o sábado. De xeito previo á clausura, a vicesecretaria de Estudos e Programas, Andrea Levy, e o vicesecretario de Comunicación, Pablo Casado, presentarán as conclusións da Conferencia.