Coñecemos hoxe a moi boa
noticia de que as exportacións españolas de mercadorías aumentaron un 4,3% no
período xaneiro-maio de 2015 (taxa 3,5 puntos superior á do mesmo período do
ano 2014, 0,8%) ata os 102.916,3 millóns de euros. As vendas españolas ao
exterior rexistraron de novo un máximo anual no período xaneiro-maio dende o
inicio da serie histórica (1971). A variación real foi lixeiramente inferior,
un 3,3%, ao crecer un 1,0% os prezos das exportacións aproximados polos Índices
de Valor Unitario (IVUs).
As exportacións de Francia aumentaron un 2,9% neste período e as do Reino Unido
caeron un 3,5%, se ben o rexistro de Alemaña, cun crecemento do 5,7%, superou a
marca española. Fóra da UE, Xapón acumula un
aumento interanual do 7,5% que contrasta coa caída do 5,1% de Estados Unidos.
As importacións, que alcanzaron un valor de 112.350,7 millóns de euros,
moderaron o seu avance ata o 3,0% (2,3 puntos menos que no mesmo período do ano
pasado, 5,3%). En termos reais, o aumento foi maior xa que as compras de bens
ao exterior creceron un 4,2% ao diminuír os seus prezos aproximados polos IVUs
un 1,1%.
Con estes datos, o déficit comercial sumou 9.434,4 millóns de euros, un 9,3%
inferior ao rexistrado no mesmo período de 2014. O saldo non enerxético botou
un superávit de 2.174,3 millóns de euros mentres que o déficit enerxético
retrocedeu substancialmente, un 34,0%, favorecido polos menores prezos da
enerxía.
Pola súa banda, a taxa de cobertura situouse no 91,6%, é dicir, 1,1 puntos
superior ao rexistro de xaneiro-maio de 2014.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta