jueves, 16 de julio de 2015

A Praza de Abastos nº 1 de Ourense será rehabilitada con cargo ao 1,5 % Cultural

Coñecemos esta tarde que la Comisión Mixta do 1,5% Cultural, integrada polos Ministerios de Fomento e Cultura, aprobou hoxe, provisionalmente, os proxectos que recibirán fondos desta partida. Os solicitantes das axudas teñen a partir de agora dous meses para achegar a documentación necesaria.

Polo que respecta á Comunidade Autónoma de Galicia, o Ministerio de Fomento achegará 5.329.835 euros a un total de 5 proxectos de recuperación do patrimonio histórico español, con cargo aos fondos que se xeran para o 1'5 % Cultural pola contratación da obra pública.

Estes cinco proxectos aprobados na Comunidade de Galicia, son os seguintes:

Na Coruña, a Comisión do 1,5% Cultural aprobou a restauración das cámaras OD e 2 D da Torre de Hércules. A achega do Ministerio é de 150.000 euros, o 75% da obra.

Na localidade de Padrón, ten aprobou o proxecto de rehabilitación da Casa dos Capeláns, sita no adro da Ex Colexiata de Santa María de la Iria Flavia. Neste proxecto, elMinisterio de Fomento achegará 396.207 euros, o 75% do presuposto total da actuación.

En Lugo, aprobouse o proxecto de consolidación estrutural e restauración do lenzo interior do cubo VI da muralla romana da cidade. A achega de Fomento ascende a 89.944 euros, o 50% do presuposto total.

Na vila de Baiona a Real, a actuación céntrase na rehabilitación e restauración do Hospital Santo Espírito para Biblioteca municipal e Arquivo Histórico. Neste caso, o Ministerio de Fomento destina 1.040.915 euros, o que supón o 70% do presuposto total.

En Ourense, o proxecto aprobado céntrase na rehabilitación e reforma da Praza de Abastos n.º 1. 

Neste caso, Fomento achega o 65% do presuposto, que equivale a 3.652.767 euros. O Concello asumirá a diferenza ata 5.619.642,89 €.

Estou especialmente satisfeito polo apoio que se presta a este extraordinario edificio catalogado como Ben de Interese Cultural e que é tan querido e utilizado polos ourensans.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta