Baltar: "Defender leal e contundentemente os intereses de Ourense por riba da calquera outros

Acudin hoxe á sesión plenaria da Deputación Provincial de Ourense na que quedou constituída a nova corporación que presenta unha renovación do 68 % -a máis importante da historia da institución provincial- con 17 novos deputados e deputadas. Trala constitución da mesa de idade e comprobación de credenciais tomaron posesión os 25 deputados e deputadas:

PP: José Manuel Baltar Blanco, Rosendo Luís Fernández Fernández, Jorge Pumar Tesouro, José Antonio Feijóo Alonso, Pablo Pérez Pérez, María Consuelo Vispo Seara, Manuel Doval Soto, Antonio Montero Fernández, Plácido Álvarez Dobaño, Monserrat Lama Novoa, Juan Anta Rodríguez, Teresa Cerdeira Valiñas, Ana Villarino Pardo e Miguel Antonio Cid Álvarez.

PSOE: Francisco José Fraga Civeira, Vicente Gómez García, Elvira Lama Fernández, Miguel Bautista Carballo, Isabel Gil Álvarez, José Ignacio Gómez Pérez, Adolfo González Nóvoa e Susana Rodríguez Suárez.

DO: Gonzalo Pérez Jácome e Armando Ojea Bouzo.

BNG: Ramiro Rodríguez Suárez.

Despois tivo lugar a votación resultando elixido presidente Manuel Baltar Blanco, con 14 votos a favor (os que integran o grupo do Partido Popular), e obtendo 8 votos José Ignacio Gómez Pérez, candidato á Presidencia polo grupo do PSOE, e 2 votos Gonzalo Pérez Jácome, do grupo de Democracia Ourensana, rexistrándose un voto en branco.

Comezou o seu discurso, Manuel Baltar decindo: “:Son Ourensán e creo en Ourense. Creo de crer e creo de crear, dous verbos básicos no debuxo da provincia ambiciosa na que vos convido a participar”.

 Dixo que “é o momento da POLITICA con maiúsculas. Para seguir exercitando a palabra clave neste momento histórico: A COOPERACIÓN.

Cooperación para a recuperación económica, para o fornecemento social e para a solidez institucional, garante da estabilidade e do progreso.”

Destacou a importancia "de facer máis política para facer máis Ourense" e "defender leal e contundentemente os intereses de Ourense por riba da calquera outros", "un Ourense que forma parte dunha Galicia que será máis forte canto máis fortes sexamos nós".

Avogou por unha nova etapa "de máxima cooperación e participación", afirmando que os grupos da oposición son "grupos de alternativa de goberno" e que esta lexislatura "debe estar marcada pola aposta pola política".

Afirmou que “Practicamos e defendemos un discurso do territorio, do equilibrio territorial. Pero sen esquecer que o eixo de toda a nosa acción é o cidadán, as persoas, as veciñas e veciños da provincia que teñen dereito a servizos públicos de calidade alí onde residan. As persoas sempre.

Rematou as suas verbas decindo: “permítanme, para finalizar, que lembre hoxe aquí as verbas, perfectamente pronunciables hoxe, increíblemente actuais, publicadas por Antón Losada Diéguez, o xenio de Moldes (Boborás), no seu artigo "Conversa" do número de A Nosa Terra do Día de Galicia de 1926:

"Cómpre decatarse fondamente de que rematou unha época, e estamos vivindo outra ben diferente. Non se pode esperar unha volta ao que foi, porque non pode vir endexamais un tempo igual a outro tempo. Camiñar coa Historia é camiñar coa vida, e a fecundidade da Tradición, e o espírito da Patria está nese avantar de cada día e de cada hora.

Non preguntedes a cada un polo seu camiño, falade con el, aledádevos con el, mais non lle preguntedes ¿que fas? Si ides cara a mesma ermida, xunto ao altar vos atoparedes".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.