Un novo modelo de cidade: sostible, integradora e respectuosa co medio

Saliento que  hoxe o blog do Ministerio de Fomento informa que a ministra de Fomento, Ana Pastor, defendeu hoxe na reunión de ministros de Urbanismo da UE, celebrada en Riga (Letonia), un novo modelo de cidade: sostible, integradora e respectuosa co medio.

Os ministros de Urbanismo da UE aprobaron hoxe a Declaración de Riga, que supón un impulso para a Axenda Urbana comunitaria.

Pastor destacou tamén outros temas fundamentais como o recoñecemento do papel e a importancia de todos os pobos e cidades, con independencia do seu tamaño; a eficiencia enerxética e o cambio climático; a rexeneración de barrios e a rehabilitación; os retos demográficos de todo tipo; a mobilidade e a necesidade de reducir distancias, e xunto a todos eles a pobreza urbana e a vivenda alcanzable.

A ministra recordou que a política de vivenda en España se centrou nos últimos anos na rexeneración urbana e a rehabilitación edificatoria, fundamentais para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Neste sentido recordou que en España o 70% da poboación se concentra en grandes cidades, aínda que os pequenos municipios tamén teñen grande importancia, xa que representan o 86,8% do total de municipios españois e case o 80% da superficie do país, o que indica a importancia que teñen dende o punto de vista territorial.

FONDOS FEDER PARA DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
En España, no período 2014-2020 estase a reforzar aínda máis o papel do financiamento europeo na renovación e mellora das nosas cidades xa que en desenvolvemento da nova regulación europea se incluíu a obriga de destinar polo menos un 5 por cento dos recursos do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) en actuacións integradas de desenvolvemento urbano sostible.
Neste sentido, no citado período xa está prevista a aplicación en España de 1.500 millóns de euros de axuda FEDER para actuacións de desenvolvemento urbano que se distribuirán en dous bloques: 507 millóns para actuacións das entidades Locais especificamente dirixidas ao fomento da economía baixa en carbono, como pode ser a rehabilitación enerxética de edificios, a mobilidade e o transporte urbano sostible, e 997 millóns para actuacións integradas de desenvolvemento urbano sostible que sirvan para afrontar os retos e problemas urbanos a través de actuacións que sirvan para conseguir unhas cidades máis intelixentes, sostibles e integradoras en liña cos obxectivos da Estratexia Europa 2020.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.