Na procura do acordo na reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia

Saliento como moi positivo que no Parlamento de Galicia, o Grupo Popular apoiase onte hoxe a toma en consideración da proposición de lei do Grupo Socialista para a reforma do Regulamento desta Cámara e como está a traballar, porque nunca a oposición ao  Goberno tivo tanta capacidade de iniciativa nin de control como nesta lexislatura”.

O voceiro Pedro Puy incidiu na vontade do Grupo Popular de “chegar a un acordo en relación con calquera cuestión concreta que permita mellorar o funcionamento desta Cámara, como fixemos coa reforma para permitir o voto das mulleres embarazadas”. Porén, lamentou “chegar a este punto no que a situación estase a volver insufrible pola duración dos plenos totalmente anómala no dereito comparado”, pero lembrou que “non foi porque o PP non intentase chegar a un acordo sobre o dereito de iniciativa en plenos e comisións”.

“O Grupo Popular sempre defenderá o dereito de todos os deputados”, asegurou Puy, quen considerou “paradóxico que outros grupos defendan os dereitos do conxunto dos deputados da Cámara e ao mesmo tempo protesten porque non teñen preguntas cando lles afecta a eles e non o fan cando lle afecta a outro grupo parlamentario”.

ACOMODO DO ACORDO DE INICIO DE LEXISLATURA

A irrupción do Grupo Mixto motivou o acomodo do acordo acadado a inicio de lexislatura a través do que a oposición tiña dereito a presentar en cada Pleno tres interpelacións, seis proposicións de lei, tres preguntas ao Presidente e outras seis preguntas aos membros do Goberno. “Tentamos arranxar o problema por todas as vías posibles: primeiro,  ofrecendo ao BNG que presentara preguntas ao Presidente en todos os plenos; e despois, ofreceuse ampliar o período de sesións para que houbera un pleno ordinarios máis; pero o BNG non aceptou ningunha das ofertas que se lle fixo”, lembrou.

“A partir de aí montouse un conflito no que din que o PP amordaza á oposición, cando os únicos que se amordazaron fisicamente foron os membros do BNG, tamén foron os únicos que renunciaron a facer unha pregunta ao Presidente e os únicos que celebraron no parque colindante un simulacro ao Parlamento, declinando exercer o dereito que lles asiste nesta Cámara.”, lamentou.

SUPERANDO O RECOLLIDO NO REGULAMENTO

Ademais, recordou que “cando o PP estaba na oposición, facía unha pregunta ao Presidente e agora se fan 3; facía dúas interpelacións, agora a oposición fai tres; se presentaban dúas proposicións non de lei, agora son seis as que pertencen á oposición; se presentaban dúas preguntas ao Goberno, agora responde a seis”. “Neste pleno, o 80 por cento das iniciativas presentadas son da oposición, co que estamos superando moi amplamente o que establece o regulamento”, anotou.


“Nin silenciamos a Cámara, nin amordazamos, nin acallamos críticas; mesmo asumimos con educación críticas inxustas que non nos merecemos e que superan a cortesía parlamentaria”, indicou.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.