Aprobado o Plan de actuacións de prevención e loita contra os incendios forestais


Destaco pola importancia que ten para Galicia, a aprobación onte no Consello de Ministros das medidas correspondentes ao Plan de actuacións de prevención e loita contra os incendios forestais para o ano 2015. Un Plan que conta coa participación dos Ministerios da Presidencia; Xustiza; Defensa; Facenda e Administracións Públicas, Interior; Fomento; Agricultura, Alimentación e Medio, e Economía e Competitividade.


Cito alguns dos aspectos máis destacados do presente Plan, que supón a continuación da política seguida polo Goberno nesta materia:

. As Fiscalías autonómicas e provinciais dispoñen de fiscais especialistas en delitos forestais e ambientais baixo a denominación de fiscal contra os delitos relativos á ordenación do territorio e a protección do patrimonio histórico, do medio e incendios forestais. O número de fiscais especializados nestas materias foi constantemente en ascenso dende a creación da especialidade, ascendendo no ano 2015 a 47.

. Para a campaña contra incendios forestais 2015, o Ministerio de Defensa contará coa Unidade Militar de Emerxencias (UME) e operará os avións apagafogos, tanto do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, como os do propio Ministerio.



A UME contará cun total de 1.500 militares en loita directa contra incendios forestais, encadrados nos Batallóns de Intervención e articulados en trinta seccións, entre as que se inclúen as súas bases principais, os despregamentos temporais (Pontevedra, Granada, Cáceres, Menorca e Mallorca) e as dúas seccións situadas en Canarias. Ademais, dispoñerá de apoios loxísticos e operativos, o que elevará a 3.000 o número de efectivos involucrados. Con este despregamento, a UME estará en disposición de intervir en todo o territorio nacional nun prazo inferior a catro horas, dende que se autorizase a súa intervención, coa excepción de Baleares, Ceuta e Melilla onde será o exército de Terra o que prestará apoio ata a chegada da UME no prazo previsto de catro horas.


O 43 Grupo de Forzas Aéreas despregará, dende o 1 de xuño e ata o 15 de outubro, en sete bases secundarias de operacións, ata un máximo de trece avións para a extinción de incendios.

Prevese subscribir, un ano máis, un Convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para articular a participación das Forzas Armadas en tarefas de prevención de incendios na devandita Comunidade Autónoma.

- A Policía Nacional ten previsto desenvolver a operación LUMES 2015 nos mesmos termos que no ano 2014. O dispositivo integrarase e coordinará co plan contra incendios forestais da administración autonómica galega. Ademais dos efectivos dispoñibles en labores de seguridade cidadá, en principio prevese integrar no despregamento uns 400 efectivos, número similar ao asignado en edicións anteriores. A Garda Civil, pola súa banda, dedicará 4.100 efectivos, aproximadamente, aos labores de prevención, intervención e investigación dos incendios.


 - O Comité Estatal de Coordinación de Incendios Forestais (CECO), presidido polo subsecretario do Ministerio do Interior, e do que forman parte tamén representantes da Presidencia do Goberno e dos Ministerios de Defensa e de Agricultura, Alimentación e Medio, se reunirá sempre que a situación o requira.


 Producirase un reforzo operativo da Sala Nacional de Emerxencias: Presta servizo 24 horas ao día todos os días do ano, contando coa información que lle subministran as Delegacións e Subdelegacións do Goberno, as Comunidades Autónomas, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e as Direccións Xerais da Policía e da Garda Civil. Dende a Sala Nacional de Emerxencias, á súa vez, transmítese información e alertas aos interesados e solicítase, se é o caso, a actuación da Unidade Militar de Emerxencias, a través da Dirección Xeral de Política de Defensa.


No ámbito internacional son de aplicación os convenios de cooperación en materia de protección civil con Portugal, Marrocos e Francia, que inclúen a colaboración relativa á loita contra incendios forestais. No ámbito europeo, o Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea prevé a solicitude e oferta de medios e recursos extraordinarios. 


Os helicópteros da DXT prestarán o seu servizo para detectar incendios. Ademais, como en anos anteriores darase información relativa ao risco de incendios forestais e das estradas cortadas ou afectadas por este motivo a través dos 2.214 paneis luminosos informativos repartidos en 11.920 quilómetros de autovías. Pola súa banda, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil e os Centros de Xestión de Tráfico prestarán apoio operativo a todos os labores de xestión do tráfico, como cortes de estradas, desvíos, itinerarios alternativos, etc., ocasionadas polos posibles incendios forestais.

 Entre as actuacións correspondentes ao Ministerio de Fomento, figuran as previstas por ADIF e Renfe Operadora respecto da prevención de incendios na vía (de rede convencional e de rede de alta velocidade) e nas súas proximidades; as da Dirección Xeral de Estradas (entre elas, as actuacións de segas, podas e rexeitamento de vexetación, vixilancia da Rede de Estradas do Estado control de vehículos e convenios de limpeza de áreas devasas coas Comunidades Autónomas que o soliciten).

Para esta campaña de verán 2015, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio dispón de 67 aeronaves de distintas capacidades para apoiar as Comunidades Autónomas nos labores de extinción. Estes medios aéreos situaranse nas 37 bases distribuídas en distintos puntos da xeografía peninsular e insular. En concreto, estes medios aéreos son: 18 avións Canadair,10 avións de carga en terra Airtractor 802 e 6 avións Fire Boss AT 802, 8 helicópteros bombardeiros Kamov, 19 helicópteros biturbina, 4 helicópteros BK 117, 2 avións de comunicacións e observación e 6 avións Fire Boss AT-802.

Para combater os incendios dende terra, os medios humanos están organizados en 10 Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais (BRIF), que desenvolven a súa actividade en labores de extinción, e están especializadas no combate de grandes incendios. Ademais, cóntase cun dispositivo periférico formado por 109 profesionais que desenvolven as funcións de xefatura das bases do Ministerio e a coordinación destes medios coa Central de Operacións da Área de Defensa contra Incendios Forestais.

Agardemos que estos importantes medios, coordinados cos das Administracións Autonómicas e Locais gañen a loita contra o lume, na que é absolutamente imprescindible a colabración cidadá.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.