martes, 23 de junio de 2015

Aprobada a Lei de mecanismo de segunda oportunidade, unha norma de marcado carácter social

Esta mañá, a Comisión de Economía e Competitividade aprobou con competencia Lexislativa Plena o Proxecto de Lei de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas de orde social (procedente do Real Decreto-Lei 1/2015, do 27 de febreiro)

Neste debate a voceira do GPP, Matilde Asian afirmou que esta "lei pecha o círculo normativo para facilitar o desendebedamento ordenado da economía española, que era un dos grandes desequilibrios que era imprescindible corrixir para poder volver á senda do crecemento e a creación de emprego".

Así, recordou que tras a Lei de Emprendedores e as reformas en materia pre-concursal e concursal, a Lei aprobada hoxe "simplifica o sistema de acordos extraxudiciais de pagamentos, amplía calquera persoa particular a posibilidade de acollerse a estes e, o que é fundamental, suspende as execucións de bens necesarios para a actividade -incluída a vivenda habitual- durante as negociacións".

Ademais, destacou o mecanismo de segunda oportunidade, "un sistema polo que as persoas físicas, xa sexa empresarios ou familias, que sexan debedores, de boa fe poderán ver exoneradas as débedas que non poidan ser satisfeitas nun proceso de liquidación concursal".

Neste sentido, sinalou que "as débedas que queden pendentes tras a liquidación dos bens do debedor mediante concurso de acredores, serán exoneradas se o debedor cumpre -ou o xuíz determina que fixo un esforzo substancial para cumprilo- o plan de pagamentos a 5 anos fixado polo xuíz". "Só quedan fóra deste mecanismo de exoneración os créditos públicos e as pensións por alimentos", engadiu.

"A diferenza deste mecanismo con outras propostas máis radicais", indicou Asian é que ofrece unha segunda oportunidade real para os debedores de boa fe que non terán que cargar de por vida coa lousa dun fracaso económico empresarial ou persoal, pero dentro dun marco que establece as garantías necesarias para salvagardar a cultura de pagamento, conciliando os intereses de acredores e debedores".

A LEI TRASLADA A SENSIBILIDADE DO PP ANTE SITUACIÓNS VULNERABLES

Matilde Asian, destacou que "esta lei traslada a especial sensibilidade do PP ante a situación de vulnerabilidade de moitas familias como consecuencia da crise económica, ampliando os mecanismos de protección para aqueles debedores hipotecarios máis vulnerables, eliminando as clausulas chan a este colectivo e prorrogando dous anos máis a moratoria para os desafiuzamentos".

"Se hoxe algúns alcaldes poden facerse a foto en temas de desafiuzamentos é porque o Partido Popular creou o marco regulatorio para poder frealos, aseverou a voceira do PP.

Así, recordou que "dende que aprobamos o Código de Boas Prácticas en marzo de 2012 se produciron máis de 16.300 reestruturacións de débeda, 4.500 dacións en pagamento e suspendéronse máis de 14.000 lanzamentos en vivendas habituais".

Finalmente, destacou unha serie de medidas, algunhas incorporadas como emendas do Grupo Popular "que terán un efecto inmediato no benestar dos cidadáns", entre elas, "o impacto positivo sobre o emprego que terá a exención da cotización á Seguridade Social por creación de emprego estable, as medidas de conciliación familiar para o colectivo de autónomos, a dedución fiscal para familias monoparentais con dous ou máis fillos e as medidas que regulan a situación dos emigrantes e as súas familias facilitando que teñan prestacións sanitarias nas súas visitas temporais a España".

Celebro pois a aprobación dunha lei marcadamente social que inclúe medidas necesarias para poder trasladar os beneficios da recuperación a todos os cidadáns.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta