miércoles, 20 de mayo de 2015

Impulsando os investimentos en Alta Velocidade

O Grupo Parlamentario Popular rexistrou onte unha Proposición non de Lei que se debaterá o próximo martes no Pleno do Congreso que na súa parte dispositiva pide que:


"O Congreso dos Deputados inste o Goberno a recoñecer o carácter estratéxico dos investimentos en alta velocidade, e manter o nivel de investimento necesario para culminar á maior brevidade posible as conexións ferroviarias de alta velocidade xa planificadas, de maneira que se impulse a cohesión territorial, se active o crecemento económico e se xere emprego."



Ten como obxectivo principal de buscar un pronunciamento amplo do lexislativo en relación coa necesidade de "blindar o tren de alta velocidade para todo o territorio nacional.

Pronunciamento parlamentario que consideramos pertinente ante as ameazas políticas dalgunhas formacións no sentido de que a AVE só pode chegar a aqueles territorios onde dende o primeiro momento se estime que o mesmo ofrece "rendibilidade económica", que "non" se trata só de rendibilidade económica senón tamén de rendibilidade social".


Para o Partido Popular a AVE é unha grande infraestrutura que serviu, que serve e ha de servir no futuro para vertebrar todo o territorio español para que en materia de conexións de infraestruturas ferroviarias non haxa unha España de primeira e unha España de segunda ou de terceira.



Se toda a construción de infraestruturas públicas se basease única e exclusivamente no criterio da rendibilidade económica a curto prazo, moitas das infraestruturas que hoxe temos non se terían feito xamais no territorio e teriamos unha España con cidadáns que por estar concentrados en determinados núcleos de poboación, gozan de determinados servizos fronte a outros que teñen outros distintos.

Aguardo que esta iniciativa teña montos apoios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta