Eleccións municipais 2015: no Barco e na Rua de Valdeorras

Viaxo esta tarde a Valdeorras para participar en dous actos de campaña electoral.

No teatro Lauro Olmo, en O Barco de Valdeorras asisto o mitin protagonizado polo candidato á alcaldía, Moisés Blanco Paradelo. Tamén interviron, Pedro Puy e Manuel Baltar.

Dixen, que o executivo de Mariano Rajoy, con Ana Pastor como ministra non deixou nesta Lexislatura de traballar en favor da Autovía A-76. Nesta lexislatura esta autovía vió como o seu estudo informativo era aprobada definitivamente a principios do pasado ano, e o Ministerio de Fomento xa está a redactar o Proxecto de Trazado e Construción do tramo entre A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras e do tramo entre Villamartín de la Abadía e Requejo.

Ademais dixen que a redacción do proxecto dun novo tramo desta autovía, o Requejo-A-A Veiga de Cascallá, se licitará en datas breves pois conta con partida nos PGE de 2015.


Falei tamén do impulso á circunvalación de O Barco de Valdeorras, coa publicación no BOE do 12 de marzo do presente ano do inicio do período de información pública do proxecto do seu trazado.

Un proxecto xa redactado que pretende resolver da forma máis óptima posible a conexión entre as estradas N-536 e N-120 nas proximidades da localidade de O Barco de Valdeorras, cumprindo desta forma dúas funcións: servir como variante de poboación que evite o paso polo interior do núcleo., e mellorar as comunicacións de toda a bisbarra.

Referinme igualmente ao investimento realizado nesta lexislatura polo Ministerio de Fomento na Torre da Homenaxe da Fortaleza situada no núcleo histórico do Castro, co investimento do 75% do seu custo, en total 424.909 €. Unha actuación que sendo comprometida por unn Convenio Asinado entre o Ministerio de Fomento e El Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras o 1 de decembro de 2011, os novos responsables do Ministerio mantiveron, acreditando a ausencia de sectarismo no seu modelo de xestión.

Falei tamén do apoio que prestamos dende o Partido Popular, para que o ADIF financie o cincuenta por cento dun paso subterráneo de 21 metros de longo por debaixo da vía do tren, á altura da rúa Santa Rita ata a Rúa Caleras. Outro exemplo de cooperación co Concello de O Barco, pensando nos intereses dos cidadáns por enriba de cores políticas.


Tamén falei dalgunhas actuacións do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), como son as obras de ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Barco de Valdeorras-Ourense, nas que se investirán máis de 1,4 millóns de euros.

Actuación de grande importancia pois vai mellorar as augas do río Sil. Unhas obras que actualmente se encontran executadas o 40%, estando prevista a súa finalización para setembro de 2015, data a partir da que se poderá dar servizo a unha poboación de 20.000 habitantes.

Finalicei pedindo o voto para a candidatura que por terceira vez encabeza Moisés Blanco que presenta un ambicioso proxecto de cidade para os próximos oito anos.


A continuación na Rua de Valdeorras asisto no cine Avenida ao mitin no que o anfitrión foi o alcalde que aspira á súa reelección, Avelino García Ferradal.

Foto. Carlos G. Hervella - O Sil  -
Abrí o acto asegurando que non entendería unha campaña política sin estar presente na Rúa de Valdeorrás, que  é un dos lugares máis hermosos de Galicia, unha Vila de máis de 4.000 habitantes, coa importancia que tivo e ten e que  merece estar en mans dun goberno forte e nestes catro anos.

Destaquei as cualidades de Avelino García que xa amosou a súa condición de liderazgo, con humildade pero tamén con altura de miras, facendo referencia a sua formación e talante.

Fixen referencia a dous proxectos xestionados por Avelino e que desde o meu traballo no Congreso dos Deputados, impulsé.

O primeiro un ansiado proxecto para acceder o Aguillón mediante un paso soterrado para que a xente poida atravesar sen problemas a vía do tren. Proxecto que ten un valor estimado de 162.332 € e que será cofinanciado ao 50 % polo ADIF, e que está en fase presentación de ofertas.

Foto. Carlos G. Hervella- O Sil.
Tamén falei do proxecto de remodelación do enlace na N-120 no pk, 466 de A Rúa. Dixen que o 20 de maio de 2014 foi aprobado o expediente de Información Pública e o proxecto de trazado, e que conta nos PXE de 2015 cunha partida de 705.000 €, comprometendo traballar para su próxima licitación.

Gabei a xestión económica deste Concello, que habendo recibido unha enorme débeda, con esforzo e determinación está saneando as finanzas, sin merma de investimentos necesarios e de manter e mesmo mellorar os servizos.


Rematé pedindo o voto para a candidatura de Avelino, que aportaá estabilidade e progreso fronte a incertidume das coalicions de perdedores que non se entenden.

http://www.osil.info/o-popular-avelino-garcia-confia-en-revalidar-a-alcaldia-con-maioria-absoluta/
http://www.osil.info/moises-blanco-di-que-se-abre-un-novo-tempo-para-o-barco/


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta




Con la tecnología de Blogger.