Mariano Rajoy: "Hoxe España é o primeiro país da UE en crecemento"


Esta mañá tivemos no Congreso dos Deputados, a sesión de control ao Goberno, na que a maior atención se centrou nas preguntas Mariano Rajoy.


O presidente do Goberno, en contestación ao deputado e líder do Grupo Socialista Pedro Sánchez, que se interesara pola situación dos mozos españois, sinalou que, se ben en 2011 se partiu de "unha situación imposible, xa se produciu un cambio de tendencia, ". Ademais de recordar que, na pasada lexislatura, 1.771.517 persoas novas perderon o seu posto de traballo, tamén dixo que non é verdade que 500.000 abandonasen España nos últimos anos: segundo o INE, esta cifra é exactamente de 24.638.


Mariano Rajoy tamén sinalou que "por sorte" hoxe en España a economía crece, se crea emprego e é "o primeiro país da UE en crecemento": 440.000 persoas encontraron un traballo en 2014 e 600.000 farano en 2015. É dicir, engadiu o presidente, "xa empezamos a recuperar os postos de traballo que se perderon en España". Tamén subliñou que, segundo a última EPA, o emprego xuvenil crece o 4,7%

O deputado do PNV Aitor Esteban preguntou polos cambios na Formación Profesional (FP). Ao respecto, o presidente do Goberno explicou que esa reforma pretende lograr unha Formación Profesional "útil, que mellore a formación e que faga posible que se poida crear máis emprego no noso país".


Rajoy afirmou que a reforma da FP é "capital" porque, no futuro, España terá que competir con xente formada e en innovación. Tamén subliñou que os obxectivos desta lexislatura foron o crecemento económico e a creación de emprego, obxectivos que deberán manterse tamén para os próximos catro anos.
Así mesmo, Mariano Rajoy aclarou que a reforma permitirá abrir a FP á concorrencia para que non haxa monopolios, senón "avaliacións de calidade, información, control e sancións se hai fraude".


Esta modificación, engadiu o xefe do Executivo, está a conseguir "o máximo respecto a todas as comunidades autónomas", posto que non ten como obxectivo quitalo a ninguén ningunha competencia". Asegurou que a vontade do Goberno é chegar a entendementos coas forzas políticas e proba diso é que se está a tramitar como proxecto de lei.

Carlos Martínez Gorriarán, deputado de UPyD, preguntou ao presidente do Goberno polo rescate bancario. Mariano Rajoy recordou que, cando chegaron ao poder, "unha parte substancial do sistema financeiro español estaba quebrado". Entón, a decisión do Goberno foi solicitar o crédito á Unión Europea, igual que fixeran países como Reino Unido, Bélxica, Holanda, Alemaña e Francia.


Rajoy explicou que se utilizaron 39.000 dos 100.000 millóns de euros que a UE puxo a disposición de España, cun período de carencia de dez anos e a un tipo de xuro por debaixo do 1%.


O xefe do Executivo subliñou que os efectos do rescate foron "beneficiosos": "Recuperamos a confianza no sistema financeiro dentro e fóra de España; os tests de estrés que fixo o BCE sitúannos á cabeza de Europa; volveu o crédito ao noso país; a prima de risco baixou; estámonos financiando a uns prezos incriblemente baixos e, dende logo, como nunca aconteceu na nosa historia, e a xente ten os seus depósitos e o seu traballo".


Nestes momentos, agregou Rajoy, "o Estado é o propietario maioritario dun banco importante como é Bankia". A decisión do Goberno é privatizar esta entidade, pero "esperaremos a que haxa as mellores condicións no mercado co obxectivo de lograr a recuperación maior de toda a cantidade que se pediu prestada".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.