sábado, 16 de mayo de 2015

Eleccións municipais 2015: en O Carballiño, Laza e Dacón

Estamos en plena campaña electoral e hoxe pola mañá viaxei a Carballiño acompañado de Miguel Santalices para colaborar co noso candidato, Argimiro Marnotes e outros compañeiros de candidatura en tarefas de repartición de propaganda electoral no centro desta Vila na que o Partido Popular gobernou, con grande acerto, nestes dous últimos anos.

Pola tarde, a primeira hora viaxei a Laza, onde ás 17,30 tiñamos programado un mitin. 

Antes de comezar achegueime á parroquia de Trez, e tras asistir a misa, puiden comprobar a gran beleza natural desta pequena localidade, especialmente un monte coñecido como a "Pica".

Xa na capital do Concello, participei no singular acto político electoral, no que o alcalde e candidato, Moncho Barreal foi presentando a todos os integrantes da súa lista, destacando a xuventude da maioría deles e a experiencia de servizo público doutros.

Moncho, unha persoa excepcional, detallou os proxectos que se fixeron realidade na presente lexislatura, en todos os ámbitos: social, emprego, deporte, infraestruturas, Brif, emerxencias, enfermaría, etc.

E explicou como avanza o gran proxecto de parque ambiental e etnográfico de Souteliño.O parque nomeado como "Territorio Feiticeiro" está na marxe do río Támega. Un proxecto que é o máis importante do plan de competitividade turística Portas de Galicia. 

E rematei a xornada en Dacón, no concello de Maside, onde participei no primeiro mitín do noso candidato, Alejandro González que aspira cunha lista moi renovada a acadar a alcaldía que hoxe rexenta o PSOE.


Na miña intervención tiven palabras de recordo dun gran político deste pobo falecido hai dous anos, Casimiro Campo.

Destaquei as potencialidades deste Concello, estratéxicamente ubicado e con posibilidades de desenvolvemento, que precisa dun cambio a mellor, que é posible.

Lembrei o traballo realizado polos gobernos de Rajoy e de Feijóo para sacar ao País da crise, e da necesidade de apoiar ao noso candidato á Deputación Provincial, Manuel Baltar, xa que esta administración xohga un papel decisivo na axuda aos pequenos concellos da provincia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta