sábado, 9 de mayo de 2015

Aprobado o Proxecto de Lei de Estradas

Tamén quero destacar a aprobación onte no Consello de Ministros do Proxecto de Lei de Estradas, cuxo próximo destino serán as Cortes para continuar coa tramitación parlamentaria na Comisión de Fomento.
O novo texto que presentou a ministra Ana Pastor, adecúa a lexislación á evolución da rede viaria dende a posta en marcha da Lei vixente de 1988 e, entre as novidades, destaca a imposibilidade temporal de recualificacións de chans por parte das administracións autonómicas ou locais durante o proceso de planificación dunha estrada.
A nova Lei articula, ademais, medidas para a mellora da seguridade vial, impoñendo a obriga de avaliacións de impacto sobre a seguridade vial na planificación de novas estradas e auditorías de seguridade viaria na fase previa á posta en servizo e durante a explotación.
Introdúcense así mesmo medidas máis eficaces de protección do patrimonio público viario; permítese a promoción das áreas de servizo mediante iniciativa privada; establécese a necesidade de facilitar aparcadoiros seguros; e inclúese entre as competencias do Ministerio de Fomento, o establecemento de determinados equipamentos, como os sistemas intelixentes de transporte.
Ademais, a nova Lei de Estradas incrementa as contías das sancións establecidas na normativa de autoestradas de 1973 nos casos de incumprimento na prestación do servizo viario, que fixa a contía da sanción máxima en 15.000 euros, o que permitirá un cumprimento máis eficaz das obrigas polo concesionario.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta