miércoles, 8 de abril de 2015

Co presidente da Cámara de España José Luís Bonet

Visitou hoxe o Congreso dos Deputados o presidente da Cámara de España José Luís Bonet, acompañado dunha delegación, para reunirse cun amplo grupo de deputados que formamos parte da Comisión de Economía e Competitividade.

Recordar que Cámara de Comercio de España, foi constituida o pasado 19 de novembro. O seu Comité Executivo e Pleno están integrados polas Cámaras de Comercio de España, representantes de grandes empresas (como o Banco Santander, Telefónica, Repsol, O Corte Inglés, ACS, Endesa, ACS, Caixabank, FCC, Barceló, Asia, Almirall, Airbus, o Pozo, Iberdrola, Inditex, Indra, Mapfre, Meliá, Mercadona, Planeta, Renault España, Planeta e Técnicas Reunidas entre outras) o Ministerio de Economía, o Ministerio de Industria e representantes da patronal.

Na súa intervención Alfredo Bonet destacou como grandes obxectivos da Cámara de España, a defensa institucional, o impulso á internacionalización empresarial, a mellora da competitividade das pemes, aumentar a capacitación e empregabilidade mediante a formación, fomentar a innovación ou conseguir un marco institucional e regulatorio favorable para as empresas.

Tamén falou da necesidade de apoiar a incorporación das PEMES e dos autónomos á economía digital.

E foron moi sensatas as súas palabras relativas a manter a estabilidade política e social como base do progreso.

Logo da intervención de Bonet, o presidente da Comisión de Economía, Ovidio Sanchez deu a palabra aos voceiros dos diferentes Grupos Parlamentarios. 

Xurdiron temas de gran interese como entre outros o papel da Cámara de España na defensa dos intereses xerais das empresas, a súa función consultiva e de colaboración das Administracións Públicas, a súa política de comunicación,
os seus portelos únicos empresariais e a importancia de manter e potenciar a capilaridade da rede cameral integrada por 88 Cámaras de Comercio no interior e 36 no exterior.


Terminado o encontro acompañamos aos representantes da Cámara de España ao hemiciclo do Congreso dos Deputados, lugar onde  foi aprobada a Lei 4/2014, de 1 de abril, Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación.

Unha Lei da que fun ponente e que introduciu unha serie de reformas que pretenden impulsar ás Cámaras como entidades de prestación de servizos, que mantén a súa natureza de corporacións de dereito público, garantindo o exercicio das funcións público administrativas que, no actual contexto económico, teñen unha especial relevancia de face á rexeneración do tecido económico e a creación de emprego e na que se consagra a súa finalidade de representación, promoción e defensa dos intereses xerais do comercio, a industria, os servizos e a navegación, así como a prestación de servizos a todas as empresas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta