Un tramo que está dividido á súa vez noutros cinco subtramos que percorren as poboacións de Pozal de Gallinas, Villaverde de Medina e Villafranca de Duero, na provincia de Valladolid, e Coreses na provincia de Zamora.
Así tras esa visita de supervisión sabemos que os traballos de superestrutura da nova liña de alta velocidade se encontran en fase moi avanzada de execución.
Tamén que
na estación de Zamora, Adif Alta Velocidade executou os traballos
de plataforma para vía dobre ao longo de 2.880 m de lonxitude na zona da propia
terminal, e efectuou unha reordenación completa da praia de vías, construíu
tres plataformas con pasos inferiores e marquesiñas, unha nave de mantemento e
un novo encravamento electrónico de rede convencional, así como a instalación
de ascensores, sistemas de información e iluminación.
Coa entrada en servizo da conexión a Zamora, que terá lugar en datas cada vez máis próximas, obteranse xa directamente unhas melloras de aproximadamente 30 minutos nos tempos de viaxe entre Madrid e as cidades galegas.

Ademais
acabamos de coñecer o pasado día 24 que hai avances no seguinte tramo, o que
vai dende Zamora
ata Pedralba
de la Pradería. En concreto Adif Alta Velocidade,
aprobou por importe de 7.327.936 euros (IVE incluído), a licitación do contrato
de subministración e transporte de 76.000 travesas monobloque de formigón
pretensado, coas súas correspondentes suxeicións, para os seguintes subtramos,
todos eles na provincia de Zamora: Zamora-La Hiniesta,
La
Hiniesta-Perilla de Castro, Perilla de Castro-Otero de Bodas,
Otero de Bodas-Cernadilla, Cernadilla-Pedralba de la Pradería e Pedralba de la
Pradería-Túnel de Padornelo.
Un contrato, que inclúe a subministración de travesas á base de montaxe de La Hiniesta, comprende a fabricación das travesas, a adquisición e colocación de suxeicións, a homologación previa destes elementos, o abasto en fábrica, a carga, o transporte do material e a súa descarga e custodia na zona de abasto ata o momento da súa colocación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta