lunes, 30 de marzo de 2015

Na viaxe de probas do Eixo Atlántico

Viaxo hoxe polo Eixo Atlántico a bordo dun tren de probas que realizou o traxecto comprendido entre A Coruña e Vigo, para comprobar o estado desta infraestrutura de cara á súa entrada en servizo comercial. Presidiu a viaxe a ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo.

Esta liña se constrúo nun ámbito de gran dificultade orográfica e zonas densamente poboadas. Así, o tramo A Coruña-Vigo conta con 37 túneles, que suman unha lonxitude global de 59,2 km, un 38% do percorrido total. No tramo Vigo-Santiago sitúanse outros 24 túneles, cunha lonxitude global de 39,7 km (o 33% do total).


Así mesmo, a liña ten 32 viadutos que suman unha lonxitude de 14,9 km (un 9,5% da lonxitude total). O tramo Vigo-Santiago conta con 24 viadutos, con 12,2 km de lonxitude (un 13% do total). O máis longo é o do Sar (2.411 m), pero seguramente o máis emblemático é o do Ulla(1.620 m), que ostenta un récord mundial de luz (anchura entre piares) para pontes ferroviarias metálicas, cos seus 240 m.



Este viaduto, que salva o río Ulla preto da súa desembocadura, será un símbolo das comunicacións en Galicia, ao servir de nexo entre o norte e o sur desta Comunidade Autónoma. Na súa execución tívose en conta a protección do medio e a integración no ámbito.



A conclusión dos tramos Padrón-Vilagarcía e Arcade-Vigo Urzáiz, cuxa infraestrutura se encontra en fase de probas, permitirá completar o tramo comprendido entre Santiago de Compostela e Vigo, de 93,9 km de lonxitude, que quedará conectado así ao traxecto Santiago-ACoruña, de 61,7 km de lonxitude, xa en explotación.


Tamén coñecín o novo acceso ferroviario norte a Vigo que evita o paso en superficie pola zona urbana e ten a súa saída na nova estación de Vigo-Urzáiz, situada no mesmo lugar que a anterior, pero a unha cota 15 metros máis baixa.



A estación, que ten unha superficie de 1.330 m2, albergará os servizos necesarios para o viaxeiro, cafetaría e locais comerciais, e o acceso á pasarela de embarque e plataformas definitivas.



Nos próximos días, todo o trazado do Eixo Atlántico entre Vigo e Coruña, de 155,6 km de lonxitude total, quedará completado, o que reverterá en importantes aforros nos tempos de viaxe en todas as relacións, á vez que aumentará o confort ao establecerse unhas condicións óptimas de rodadura e trazado. 

A distancia entre Vigo e Coruña recórtase en 21,8 km o que permitirá aforros de tempos moi significativos.


O investimento realizada no Eixo Atlántico A Coruña-Vigo durante esta lexislatura elévase ata os 800 millóns de euros.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta