O déficit público de España pecha 2014 no 5,7% do PIB, unha décima por debaixo do obxectivo acordado con Bruxelas


Destacar do Consello de Ministros celebrado hoxe a presentación efectuada polo ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, do informe sobre o déficit público de 2014, que se reduciu ata o 5,72% do Produto Interior Bruto (PIB), excluíndo as axudas financeiras.


"España cumpre os seus compromisos e un deles é o do déficit", afirmou o vicepresidente, Soraya Sáenz de Santamaría, na rolda de prensa posterior á reunión do Gabinete.

A voceira do Executivo explicou que o compromiso cos socios europeos era pechar o ano cun déficit público do 5,8% e que o Goberno decidiu fixarse unha meta máis esixente. Ademais, destacou que a redución tería sido maior de non se dar a circunstancia "excepcional e conxuntural" da obriga establecida polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea de devolver o 'céntimo sanitario' (o imposto sobre as vendas minoristas de determinados hidrocarburos). Sen este gasto extraordinario de 1.699 millóns de euros, o déficit das Administracións Públicas teríase situado no ámbito do 5,5%, o obxectivo do Programa de Estabilidade para 2014.

Tanto o vicepresidente coma o ministro de Facenda subliñaron que a baixada do déficit se produce nun ámbito de aceleración da recuperación económica. O Banco de España elevou onte a súa previsión de crecemento do PIB ata o 2,8%, fronte ao 2,4% avanzado polo Goberno. Esa cifra revisarase a finais de abril, cando España remita a Bruxelas o Plan de Estabilidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.