Escoitando á Comisaria Europea de Comercio, Cecilia Malmström

Recibimos hoxe no Congreso á Comisaria Europea de Comercio, Cecilia Malmström que compareceu en sesion conxunta da Comisión Mixta para a Unión Europa e de Economía e Competitividade, para informar sobre o programa da nova Comisión Europea no ámbito de materias da súa competencia.

Na súa intervención referiuse en primeiro lugar ás relacións entre a Unión Europea e Latinoamérica.


E falou con detalle do TTIP, Tratado de Libre Comercio que actualmente negocian a Unión Europea e Estados Unidos.



Dixo que as negociacións son difíciles e avanzan en todos os extremos. Dixo que a Comisión Europea é partidaria do libre comercio, pero non a custa de sacrificar as normas europeas en campos como a seguridade alimentaria, sanidade, protección social e dos datos ou diversidade cultural.

Trátase de alcanzar un acordo razoable e equilibrado entre a UE e os EEUU. para eliminar os dereitos de alfándegas e avanzar cara ao recoñecemento mutuo das normas aplicables aos produtos da UE e os EEUU. ou traballar na elaboración de normas transatlánticas.

Malström afirmou que tampouco se vai modificar a lexislación laboral en Europa coa firma deste acordo. Pero remarcou que hai asuntos nos que se pode avanzar porque as regulacións dun e outro país son moi parecidas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.