A poboación española residente no extranxeiro medróu un 6,1 % durante 2014

Onte coñecemos a través do INE que o número de persoas con nacionalidade española que residen no estranxeiro alcanzou os 2.183.043 a 1 de xaneiro de 2015, segundo os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE).

Unha cifra que supón un incremento do 6,1% (124.995 persoas) respecto aos datos a 1 de xaneiro de 2014.

- Por continente, o 63,4% das persoas inscritas tiña fixada a súa residencia en América, o 33,5% en Europa e o 3,1% no resto do mundo. Os incrementos de inscritos respecto aos datos a 1 de xaneiro de 2014 concentráronse en América (81.030 inscritos máis) e Europa (39.246). En termos relativos, o maior incremento produciuse en Asia (10,8%).

- O 33,6% dos españois residentes no estranxeiro naceron en España, o 59,7% no seu actual país de residencia e o 6,3% noutros países.

- O 15,0% dos inscritos no PERE a 1 de xaneiro de 2015 tiña menos de 16 anos, o 62,7% tiña de 16 a 64 e o 22,3% 65 ou máis anos. O 54,5% dos menores de 16 anos residía en América e o 40,1% en Europa. No grupo de idade de 16 a 64 anos, un 62,0% residía en América e un 35,0% en Europa. En canto aos maiores de 65 anos, o 73,5% tiña fixada a súa residencia en América e un 24,7% en Europa.

- Das novas inscricións realizadas durante 2014 a maior parte correspondeu a residentes en América (un 61,6%) e a nacidos no país de residencia (un 56,0%).

- Das novas inscricións realizadas durante 2014 o maior número correspondeu a persoas de 16 a 64 anos (un 64,1%).

- Entre as novas inscricións realizadas durante 2014 dos nacidos en España, dominaban os residentes en Europa (un 54,8%) e América (un 35,3%). E, por grupos de idade, os de 16 a 64 anos (un 65,1%).

- Os países estranxeiros nos que residían máis persoas de nacionalidade española a 1 de xaneiro de 2015 eran Arxentina (423.006), Francia (223.636), Venezuela (190.601) e Alemaña (130.279). En termos absolutos os maiores incrementos rexistráronse en Arxentina (18.895 máis), Cuba (10.804) e Estados Unidos de América (10.028). En termos relativos, en países con máis de 10.000 residentes, os maiores incrementos déronse en Ecuador (un 27,6% máis), Bolivia (23,4%) e Colombia (20,9%).

Nun total de 16 países os incrementos de inscricións rexistradas en 2014 superaron as 2.000 persoas.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.