miércoles, 18 de febrero de 2015

Rajoy: "O Executivo aprobará un plan en favor da igualdade home-muller no ámbito laboral"

Esta mañá celebramos a habitual sesión de control ao Goberno, na que o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy en contestación a unha pregunta do socialista Pedro Sánchez, insistiu en que "o maior aumento da desigualdade salarial no noso país é o que provoca o paro". Por iso, afirmou que a mellor política "é a creación de emprego". Neste punto, recordou que o ano pasado case 200.000 mulleres encontraron traballo, "despois de que o paro entre as mulleres estivese a aumentar ininterrompidamente dende o ano 2005".

Ademais, Rajoy afirmou que o Goberno, nos tres últimos anos, adoptou algunhas medidas para reducir "a brecha salarial entre homes e mulleres". Tamén anunciou que en breves datas, o Executivo aprobará un plan en favor da igualdade home-muller no ámbito laboral.


O presidente do Goberno sinalou que se desenvolveron políticas "para axudar a que a xente viva mellor", como son aquelas que crean emprego, controlan a inflación ou garanten uns "impostos xustos", como a que propiciou a recente reforma fiscal.


Rosa Díez, voceiro de UPyD, tamén formulou a Mariano Rajoy a cuestión da igualdade entre todos os españois. Neste sentido, o presidente sinalou que o Goberno defende "a igualdade de dereitos de todos ante a lei, a igualdade de acceso aos servizos públicos e a igualdade de oportunidades".


Por iso, Rajoy repasou todo o que se fixo estes tres últimos anos para conseguir que a igualdade sexa "real e efectiva". En materia de educación, conseguiuse reducir a taxa de abandono escolar temperán, que pasou do 26,3% ao 21,9%; aprobouse unha nova Lei de Educación e destinouse a bolsas "a maior contía da historia". En materia de emprego, "o maior factor de desigualdade no noso país", en 2014 creáronse 400.000 postos de traballo. Polo que se refire aos servizos públicos, o presidente explicou que "a sanidade é universal, gratuíta e púbica para todos". O mesmo acontece co sistema de pensións.

Mariano Rajoy tamén destacou que o Goberno loitou contra a pobreza, a desigualdade e a exclusión social. Segundo asegurou, nos anos 2013 e 2014 melloraron os índices que miden a desigualdade en España. En materia territorial, o Goberno promoveu o Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) e o Plan de Pagamento a Provedores.


O obxectivo destas medidas non é outro que os cidadáns, vivan onde vivan, "non" teñan que sufrir "as consecuencias da mala situación económica dunha autonomía e poidan ter acceso por igual aos servizos públicos".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta