lunes, 9 de febrero de 2015

Presentada a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España

Saliento con gran satisfacción que hoxe tivera lugar en Madrid, o acto de presentación da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España, e foi presidido pola Sua Maxestade O Rei coa presenza do ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos; a ministra de Fomento, Ana Pastor; o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria e o presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet.
Tamén asistiu o alto Comisionado do Goberno para a Marca España, Carlos Espinosa de los Monteros; o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Víctor Calvo-Sotelo; o secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz; o presidente de Consello Empresarial para a Competitividade e Presidente de Telefónica, César Alierta; o presidente e conselleiro delegado do Grupo ACS, Florentino Pérez; o presidente Del corte Inglés, Dimas Gimeno; o presidente de presidente de Repsol, Antoni Brufau; o presidente de Técnicas Reunidas, José Lladó; o presidente do Grupo Mapfre, Antonio Huertas, e o presidente de Endesa, Borja de Prado, entre outras personalidades.
Na súa intervención, Don Felipe sinalou tres aspectos nos que a Cámara de Comercio de España está destinada a facer unha contribución moi valiosa, impulsando o espírito emprendedor e innovador: a internacionalización, a competitividade e a axuda a pemes e autónomos.
En canto á internacionalización, o Rei puxo de relevo que vivimos nun mundo que continua acelerando a súa globalización, ampliando os seus efectos, e no que o progreso económico de España e o futuro das novas xeracións depende en boa medida de como abordemos este importante reto. É imprescindible que as nosas empresas saian ao exterior".
Ademais, continuou, "para que unha empresa sexa competitiva ha de acertar en numerosas frontes", "ten que ter elixido a estratexia axeitada, terse convertido nun líder tecnolóxico, terse dixitalizado, ofrecer un produto que atraia os seus clientes, ter unha boa estratexia comercial, contar cun bo equipo humano porque "se trata de facer moitas cousas moi ben, mellor que os competidores".
En canto ao terceiro aspecto, o Rei destacou a importancia que teñen as pemes e os autónomos: "Se nos fixamos nas empresas máis competitivas do noso país e que máis se internacionalizaron nos encontraremos con moitas compañías grandes", non obstante, "as pemes e os autónomos forman unha parte esencial do noso tecido produtivo e son as que máis contribúen á creación dese emprego que tanto necesitamos" e, por iso, merecen un capítulo especial".

Pola súa banda, o Ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, destacou o cambio de traxectoria claro da economía española, grazas ao esforzo da sociedade española e as reformas estruturais postas en marcha nos últimos anos. Agora ben, tamén subliñou que non debemos ser compracentes, seguimos tendo importantes desequilibrios, unidos a un contexto internacional que non está exento de desafíos. "
Sobre a Cámara de España, Guindos destacou que vai ter un papel como órgano aglutinador das empresas, especialmente das pemes, que teñen que vencer os retos que teñen formulados e conseguir, deste modo, consolidar a súa integración completa nas canles internacionais".

O presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet, destacou na súa intervención que a nova Cámara aglutina aos actores máis importantes do mundo económico: grandes empresas, Cámaras de Comercio, representantes das organizacións empresariais, os autónomos e unha ampla representación ministerial. "A suma dos valores que representan cada un dos actores participantes na nosa estrutura, debe favorecer a excelencia nos proxectos de apoio ás empresas". Tamén destacou a colaboración público-privada, no que se basea o novo proxecto de Cámaras de Comercio.

"España",subrayó Bonet, "chegou tarde á globalización, o que fai aínda máis urxente poñer remedio a este problema. Temos empresarios con ideas para facelo, sobre a base da calidade, a tecnoloxía e a marca. Só necesitan o suficiente impulso para contrastar coa realidade do mercado os seus proxectos, porque a internacionalización das nosas empresas deber de calidade, con valor engadido e marca. "

Bonet subliñou que a mellora da competitividade e o incremento da internacionalización serán os dous eixes centrais que van definir a actividade da nova Cámara. Durante a súa intervención, Bonet fixo unha acendida defensa da figura do empresario e reivindicou o seu papel como xerador de riqueza e de emprego e especialmente do traballo de miles de pequenos empresarios e autónomos e resaltou a necesidade de conseguir un sistema económico que chegue a todos.
Recordemos que a Cámara de Comercio de España, que preside o empresario José Luis Bonet, se constituíu o pasado 19 de novembro. 
O seu Comité Executivo e Pleno están constituídos por representantes de grandes empresas, Administración pública, axentes sociais e Cámaras de Comercio, configuración que abre unha gran liña de actuación sobre as pequenas e medianas empresas. 
A Cámara de España está apoiada por unha rede de 88 Cámaras de Comercio no interior- entre elas a de Ourense - e 36 no exterior.
A Cámara de Comercio de España constitúese en virtude da Lei 4/2014, do 1 de abril, en substitución do Consello Superior de Cámaras de Comercio, como o órgano de representación e coordinación de todas as Cámaras de Comercio territoriais, ante instancias estatais e internacionais.
 Lei aprobada nas Cortes cun amplo consenso, e da que tiven a honra de ser relator.
Esperemos que este importante acto, con tanto respaldo institucional e da gran empresa,  sensibilize aos empresarios españois da importancia das Cámaras e decidan contribuír coa súa achega ao seu sostemento.