Eurocidade Chaves-Verín: o primeiro destino turístico transfronteirizo da Península Ibérica

O pasado xoves pola tarde foi presentada en Fitur a Eurocidade Chaves-Verín coma o primeiro destino turístico transfronteirizo da Península Ibérica. Nun acto no que interviron o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o Vicepresidente da Cámara Municipal de Chaves, Carlos Penas, e tamén a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.


A Eurocidade Chaves-Verín está constituída polo territorio que ambos os dous concellos ocupan no val do Alto Támega, situado entre o norte de Portugal e o sueste de Galicia, respectivamente. Un territorio de 685 quilómetros cadrados repartidos nun total 51 parroquias de Chaves (denominadas como freguesías) e 15 de Verín. Con preto de 60.000 habitantes en todo o seu territorio, a poboación aséntase basicamente na conca do río Támega, alcanzando en Chaves as estribacións das montañas que a rodean. Como enclaves de interior, a súa climatoloxía caracterízase por alcanzar as máximas e mínimas temperaturas nos meses álxidos de verán e inverno

A ‘Eurocidade da Auga’, configurase como un destino biosaludable en torno á auga mineromedicinal e termal, apostando por unha estratexia de promoción e comercialización conxunta pioneira na Unión Europea.
Ambos concellos iniciaron xa fai algúns anos unha política de colaboración e integración de competencias en distintos ámbitos, co resultado da concreción dun destino único ca suma de activos de ambos territorios. Chaves-Verín é un destino de fronteira caracterizado polos seus contrastes etnográficos, culturais, gastronómico e paisaxísticos.
Configurase coma un destino de auga onde existe a maior concentración de manantiais de augas termais e minero-medicinais da Península, o que fai que sexa declarado destino turístico-termal e desenvolva unha excelencia turística centrada na saúde e no benestar.
Hai que resaltar tamén a novidade, de "A Rede de Rutas", que se está a poñer en funcionamento e que inclúe a Ruta Termal e da Auga, rutas BTT, Ecovía do Támega, Ruta do Contrabando e O Camiño de Santiago (Camiño Sueste-Vía da Prata e unión co Camiño Portugués de Interior).

Unhas propostas nas que tanto a pé coma en coche ou bicicleta, o visitante pode coñecer lugares máxicos nos que se enconden fontes de auga con propiedades curativas, que ademais de transportalo a destacadas paisaxes naturais, permitirá saciar a sede do viaxeiro ademais de poder ser utilizada en tratamentos biosaludables

Estas augas foron utilizadas historicamente pola poboación local, así como polos foráneos, dando lugar ao fenómeno agüista que tivo un grande auxe durante o século pasado. Destes acuíferos mana unha auga de calidade inigualable, que é recoñecida grazas ao seu aproveitamento actual, tanto para o seu consumo embotellada como para tratamentos no corpo. 

Mentres que no municipio Verín, os mananciais máis emblemáticos son Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fonte do Sapo e Caldeliñas; no territorio luso sono Campilho, Vidago e as Termas de Chaves-Spa do Imperador.

Con todo, as mesmas tamén lle permitirán ao turista practicar sendeirismo bicicleta de montaña por escenarios naturais característicos do sur galego e norte luso, así como revivir os sentimentos dos contrabandistas ao cruzar a denominada "raia" ou fronteira, ou seguir avanzando na súa peregrinación cara á capital galega emulando os pasos de Santiago Apóstolo.

Non obstante, ademais do patrimonio termal, natural e cultural, nos últimos anos está a cobrar grande importancia no destino Chaves-Verín a enogastronomía. A mesma tradúcese na especialización da restauración local en produtos autóctonos e diferenciadores, o lanzamento dunha nova xeración de marcas comerciais de augas lideradas por Vidago e Cabreiroá, e o auxe dos viños da Denominación de Orixe Monterrei, que grazas á súa cultivada calidade están a lograr reconocimentos nacionais e internacionais.

Verín e Chaves complétanse cunha oferta hoteleira, outro dos grandes atractivos do destino, que inclúe un hotel de cinco estrelas gran luxo, Vidago Palace, establecementos de catro estrelas, Parador de Turismo, e un amplía oferta en tres estrelas ou a existencia do campo de golf denominado Golf Course.

Como bo coñecedor desta zona, e ademais posuidor do carné desta Eurocidade, animo a todos a visitar este destino transfronteirizo biosaludable que une a Galicia co noso país irmán, Portugal.

E para comezar, recomendo asistir ao incomparable Entroido de Verín, declarado como Festa de Interese Turístico nacional.

http://es.eurocidadechavesverin.eu/
http://entroidoverin.isum.centromultimedia.net/ilive/Main

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.