lunes, 2 de febrero de 2015

En xaneiro, récord de ventas de turismos: 68.118 unidades

Coñecemos hoxe que o mercado de turismos de España en xaneiro comezou cun forte crecemento do 27,5% e un total de 68.118 unidades. 


En Galicia foron vendidas 3.049 unidades, o que supón un crecemento do 22,3%.


Trátase do mellor volume para un mes de xaneiro dende o ano 2010 e o maior crecemento porcentual para un mes de xaneiro dende hai 20 anos.

Todas as canles comezan crecendo a dobre díxito. A canle de particulares sobe un 29,1%, cun total de 40.990 unidades. A canle de empresas continua coa súa senda, crecendo un 21,7% con 18.477 unidades. Por último, a canle de alugadores creceu en xaneiro un 32,8% con 8.651 matriculacións.

Informan ANFACFACONAUTO e GANVAM que con este resultado o mercado acumula 17 meses de crecementos continuados e que hai que remontarse ao período 1996-1997 para encontrar un período continuado tan longo con constantes alzas.


Afirman que efecto do Plan PIVE se segue notando no mercado e que sen el, as matriculación estarían noutros niveis máis baixos.

O incremento das matriculacións ten un efecto automático no incremento da recadación, especialmente vía IVE. Neste sentido, no ano 2014 recadáronse case 3.000 millóns de € por este imposto, o que significou un incremento do 20%. Sen dúbida, o impulso que provoca este Plan reverte nas Arcas Públicas.

A xuizo destas asociacións, a pesar da mellora de certos indicadores económicos, aínda hai aspectos que retardan o mercado como é a taxa de paro.


 Por iso, entenden que os Plans PIVE seguen sendo necesarios para reforzar o crecemento do consumo privado e a recuperación da confianza do consumidor. 

Os vehículos incentivados están a xerar riqueza económica polo seu efecto tractor sobre a economía, tanto directo (fabricación, distribución, seguros e intermediación financeira), como indirecto sobre o sector de compoñentes e outros como o químico, téxtil, etc. En concreto, contabilizáronse preto de 9.000 millóns xerados en actividade económica polo conxunto dos plans PIVE. Para o ano 2014 esta cifra superou os 4.500 millóns de euros.

Consideran que debe superarse o millón de turismos para ter un mercado acorde á renda dispoñible e ao desenvolvemento económico do país. Dado o forte descenso do mercado nos anos de crise, os bos resultados do ano 2014 non conseguiron aínda achegar a demanda ao seu nivel potencial cuxo volume é de 1,2 millóns de vehículos. 

Salientar que os ratios de vehículos novos vendidos en España por cada mil habitantes están aínda moi lonxe dos de Alemaña ou Francia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta