martes, 10 de febrero de 2015

No faladoiro de Radio Voz

Participo hoxe no faladoiro que en Radio Voz modera Antía Díaz Leal, e comparto antena con Ernesto Sánchez Pombo, Xaime Vila e Martiño Nogueira.

Valoramos en primeiro lugar a toma de posesión dos novos membros do GobernoXunta.
Resaltei o gran traballo en favor de Galicia, realizado polos conselleiros saintes, Elena Muñoz e a Jesús Vázquez, que fixeron moito con menos orzamentos e que deixan o Goberno pola porta grande para aspirar a gañar nunhas vindeiras eleccións localis, a confianza veciñal de duas grandes cidades, como son Vigo e Ourense.
Fronte aos que afirmaban que nos novos conselleiros son de perfil baixo, opinei que ambos reúnen condicións óptimas para asumir as suas carteiras. De Valeriano Martínez destaquei que desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda e que ata a data exercía como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia. Polo tanto e moi bo coñecedor da nosa Administración e das finanzas autonómicas, base do mantemento do estado do benestar.
No tocante a Román Rodríguez, afirmei que é doutor en xeografía e profesor universitario e que ten experiencia no Parlamento e de xestión no Concello de Lalín e conta con capacidade para levar adiante a política cultural, a política educativa e a política lingüística.

Falamos logo da polémica montada hoxe no Parlamento por dous Grupos da opoisición.
Lembrei que a proposta do novo regulamento da Presidencia da Cámara foi aceptada por todos os membros da Mesa e na Xunta de Portavoces manifestáronse a favor da iniciativa os representantes do Grupo Popular, Grupo Socialista e Grupo Mixto. Ademais, dixen que o novo regulamento non supón redución de iniciativas e de tempos para os grupos da oposición.  Polo tanto, ese pacto mantense, o que variou é que o reparto de iniciativas faise doutra maneira como consecuencia de que un grupo da oposición, AGE dividiuse e o novo grupo parlamentario, o Grupo Mixto, que ten dereito de acordo co regulamento ao mesmo tempo de intervención que teñen os demais grupos da Cámara.
Puxen como exemplo de que no Parlamento de Galicia non se silencia a ninguén que no Pleno desta semana, das 28 iniciativas que se inclúen na orde do día 22 corresponden aos grupos da oposición (9 ao PSOE, 6 a AGE, 6 ao BNG e 1 ao Grupo Mixto) fronte a 4 do grupo maioritario, ao que se suma o debate dun proxecto de lei e unha comparecencia do vicepresidente da Xunta.

Rematamos logo falando da polémica plantexada pola situación fiscal do número dous de Podemos, Juan Carlos Monedero que procedeu a unha regularización da súa situación tributaria antes de que se lle notificase a apertura do expediente, conseguindo así evitar a sanción sobre o defraudado.

Afirmei que comparto as voces pedindo explicacións chegan dende todos os ámbitos políticos, alleos ao centro dereita como o PSOE IU, CC OO, e mesmo dende as propias bases de Podemos.

Fixen referencia tamén a que onte o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, informou que a Axencia Estatal de Administración Tributaria logrou no ano 2014 unha recadación de 12.318 millóns de euros, derivada das actuacións de control tributario, represéntao un aumento do 12,5% respecto aos resultados obtidos en 2013, o que supón, á súa vez, récord absoluto na serie histórica.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta