miércoles, 11 de febrero de 2015

Intensa actividade parlamentaria na área de Fomento

Hoxe tivemos unha intensa actividade parlamentaria na área de Fomento.
Os deputados do GPP integrantes da Comisión de Fomento reunímonos coa ministra Ana Pastor, para facer un balance da acción do Goberno.
Abordamos cuestións como a moi actual do exitoso proceso de apertura do capital de AENA nun 49% que fortalecerá a xestión da compañía e garante a sostibilidade futura do sistema aeroportuario español en rede, e reforzará o liderado de Aena como primeiro xestor aeroportuario do mundo en número de pasaxeiros.
Unha rede de Aena, que completou un ano 2014 excepcional con 195,9 millóns de pasaxeiros, 1,8 millóns de operacións de aeronaves (2,3% máis que en 2013), e 685.000 toneladas de mercadorías (7,2% máis).
Tamén abordamos o proceso de liberalización ferroviaria iniciado por ese departamento, con no que pretende dotar ao mercado de máis e mellores servizos, a prezos máis competitivos; impulsar a utilización do transporte ferroviario; poñer en valor as nosas infraestruturas ferroviarias e optimizar a xestión de Renfe ao operar nun ámbito de competencia.
E constatou os datos de 2014 que confirman que este medio de transporte cada vez é máis utilizado, con 468 millóns de viaxeiros, 2 millóns máis que o ano anterior (un 0,4% máis). Un crecemento é especialmente significativo en Alta Velocidade e Longa Distancia, con máis de 29,6 millóns de viaxeiros en 2014, case un 16% máis que en 2013.
A ministra recordou os 1.000 quilómetros máis que está previsto poñer en servizo durante esta lexislatura e que permitirán conseguir reducións de tempo en máis de 20 relacións ferroviarias. Para iso, seguirase traballando nas obras que están en marcha nas liñas Madrid-Galicia, Eixe Atlántico, Corredor Mediterráneo, 'Y vasca' e Variante de Pajares. Tamén noutras liñas como Sevilla-Cádiz, Madrid-Extremadura, Valladolid-Burgos, Venda de Baños-Palencia-León e Antequera-Granada-Granada, entre outras.
Tamén abordamos as melloras das estradas, en termos de seguridade, calidade e cantidade. Este traballo levado a cabo traduciuse en 353 novos quilómetros de autovía, 69 km de novas estradas convencionais e 136 km de carrís adicionais.
E finalmente falamos do sector portuario que contribúe nun 2,07% ao PIB e nun 1,23% ao emprego. E que por iso se mantivo durante estes tres anos de lexislatura un esforzo investidor, que continúa en 2015.
E esta tarde tivemos unha reunión da Subcomisión de Estudo e Análise do Sistema Ferroviario Español na que compareceu o Presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Gonzalo Ferre Moltó.
 Informou a porrta pechada sobre o labor que están a desenvolver en Adif e Adif Alta Velocidad en prol de mellorar o servizo ferroviario e facelo máis sostible.
Unha rede ferroviaria española baixo a xestión de ADIF que alcanza os 15.215 km e na que en 2014 circularon un total de 2.138.474 trens, o que supón unha media de 5.858 trens diarios. E que foron utilizados por 458.746.122 viaxeiros.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta