Inaugurada en Ourense a rehabilitada praza de abastos de A Ponte

Hoxe recibimos en Ourense a visita da ministra de Fomento, Ana Pastor, para inaugurar a rehabilitada praza de abastos do barrio da Ponte.
Unha antiga praza de abastos proxectada en 1929 como consecuencia dos acordos asinados entre os concellos de Ponte-Canedo e de Ourense

O arquitecto responsable foi D. Manuel Conde Fidalgo, que deseñou a maioría das prazas de abastos da provincia. 


A historia da súa construción é longa e estivo chea de dificultades, entre outras razóns pola súa coincidencia coa guerra civil e non puido ser rematada ata o fin da contenda.


Unhas obras de rehabilitación dos arquitectos Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez e que foron financiadas ao 100% polo Ministerio de Fomento e que contaron cun presuposto de 1.999.996,94 € e que foron iniciadas o 22 de febreiro de 2012, sendo recepcionadas polo Concello de Ourense o 18 de decembro de 2014. A empresa adxudicataria foi TRAGSA.

O uso do mercado consérvase na planta baixa (con postos de venda e degustación de produtos), e na alta mestúranse funcións de biblioteca infantil e locais da asociación de veciños.


Ana Pastor dixo que no momento "no que" os cidadáns "piden" investimentos con cabeza" a praza de abastos rehabilitada é "agora unha instalación do século XXI, tras un traballo coidadoso e intenso"

Despois da visita ao inmoble, a miña impresión sobre a rehabilitación é moi positiva e felicito por iso ao Ministerio e por suposto aos tecnicos autores do proxecto.




Confiemos en que estas novas instalacións unha vez que estean operativas sirvan para revitalizar a actividade comercial do populoso barrio da Ponte.



https://www.youtube.com/watch?v=N7Wc_PUkxDg

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.